Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy
TipoIntervención social; Investigación; Educación
PropósitoPromover unha educación que capacite á persoa para comprender a realidade, intervir nela e vivir en harmonía consigo mesmo, cos demais e coa natureza
Campo de traballoSocio-Educativa
Data de fundación15-02-2013
Fundador(es)Traballadores e traballadoras de Preescolar na Casa
Eventos/ActividadesActividades orientadas aos cativos e cativas de 0 a 6 nais, ás súas familias e á sociedade en xeral
Organización relacionadaPreescolar na Casa
Persoas relacionadasAntonio Gandoy; Ermitas Fernández
SedeR/ Carril das Flores, 54, 1ºA, 27002, Lugo
PaísGaliza
43°01′48″N 7°33′48″O / 43.029917662612, -7.563342302555
Na rede
Sitio web
Páxina de Facebook
Canle de Youtube
Facebook: https://www.facebook.com/Asociaci%C3%B3n-socio-educativa-Antonio-Gandoy-193085270712137/ Youtube: UCt7furWc1n7x1jpDp5QtVtg Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy é unha entidade sen ánimo de lucro que promove a educación para comprender a realidade, intervir nela e vivir en harmonía consigo mesmo, cos demais e coa natureza dando relevancia á familia nos primeiros anos de vida e asumindo o compromiso coa lingua, a cultura, a contorna e o saber propios dos cativos e cativas como referencias para o desenvolvemento da personalidade especialmente de 0 a 3 anos.

Orixe[editar | editar a fonte]

A Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy continuou a labor de Preescolar na Casa en 2013 tras a cancelación do financiamento por parte da principal entidade sustentadora do programa, a Xunta de Galicia. Un grupo de traballadores e traballadoras vencelladas ao programa anterior decidiu constituír a asociación co gallo de continuar atendendo as necesidades das familias rurais con crianza de meniños e meniñas en idades previas á escolarización obrigatoria. Escolleron o nome (Antonio Gandoy) por ser el o fundador do proxecto anterior en 1977.[1]

Actividades[editar | editar a fonte]

A asociación leva a cabo unha serie de tarefas como[2]:

  • A organización e inventario do material realizado por Preescolar na Casa para facilitalo ás persoas interesadas en coñecelo, estudalo ou usalo.
  • O deseño de programas e recursos de intervención educativa encamiñados á parentalidade positiva.
  • O desenvolvemento de actividades orientadas ás familias e sociedade para a mellora da educación dos meniños e meniñas como:
    1. Espazos das familias: seminarios que ofrecen formación para mais e pais con nenos e nenas de 0 a 3 anos co gallo de reforzar as competencias parentais e dar resposta ás diferentes necesidades da infancia.
    2. O son que me arrola: proposta musical para achegar a cultura tradicional oral galega a través das cantigas de berce, rimas e música para as familias de cativos e cativas de 0 a 6 anos.
    3. Festa xogueteira: xornadas de xogo familiar para mais e pais con petís de 0 a 3 anos a través dunha aprendizaxe estruturada en espazos de construción, motricidade, música, arte, coordinación, manipulación etc.

Colaboracións[editar | editar a fonte]

Nenos xogando coa súa mai
Nenos xogando coa súa mai

A asociación fai as súas actividades grazas ás achegas e colaboración de diversas entidades e persoas particulares[3]:

  • As persoas poden contribuír como socios numerarios, socios protectores e voluntarios.
  • Entre as institución colaboradoras, hai deputacións, concellos, asociacións, bibliotecas, fundacións e centros de desenvolvemento rural.

Obxectivos[editar | editar a fonte]

Os obxectivos da Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy son:[4]

  • Promover unha educación que capacite á persoa para comprender a realidade, intervir nela e vivir en harmonía consigo mesmo, cos demais e coa natureza.
  • Difundir unha cultura da infancia, das súas necesidades, potencialidades e dereitos de acordo coa Convención dos Dereitos do Neno adoptada e ratificada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989.
  • Fomentar a educación da infancia a través de actividades preventivas e formativas que promovan o exercicio da parentalidade positiva.
  • Fomentar a xestión do coñecemento sobre a infancia e a familia.
  • Promover a creación de servizos de atención socio-educativa a nenas/os e/ou familias de diferentes colectivos, do ámbito rural, poboación dispersa e contornos familiares de especial vulnerabilidade, co fin de promover a igualdade de oportunidades e a conciliación da vida familiar e laboral.
  • Fomentar o estudo, conservación e difusión da cultura tradicional galega así como o emprego e promoción da lingua galega.
  • Fomentar a relación con entidades públicas e/ou privadas en aspectos que inciden no desenvolvemento e benestar da infancia e da familia.
  • Promover programas de voluntariado para o desenvolvemento das accións que se leven a cabo.

Os obxectivos manteñen basicamente a liña de traballo de Preescolar na Casa.[5][6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Asociación socio-educativa Antonio Gandoy: A Asociación". Asociación socio-educativa Antonio Gandoy. Consultado o 2022-08-06. 
  2. "Asociación socio-educativa Antonio Gandoy: Que facemos". Asociación socio-educativa Antonio Gandoy. Consultado o 2022-08-06. 
  3. "Asociación socio-educativa Antonio Gandoy: Colabora". Asociación socio-educativa Antonio Gandoy. Consultado o 2022-08-06. 
  4. "Asociación socio-educativa Antonio Gandoy: Misión. Visión e Valores da nosa Asociación". Asociación socio-educativa Antonio Gandoy. Consultado o 2022-08-06. 
  5. Blanco, Rodolfo Luis Ferradás; López, José Pablo Franco (2018-01-28). "Preescolar na casa: de preparación para la escuela a educación familiar en el medio rural de Galicia (España) = Preescolar na casa: de preparación para a escola a educación familiar no medio rural de Galicia (España)". Historia y Memoria de la Educación (en castelán) (7): 335–389. ISSN 2444-0043. doi:10.5944/hme.7.2018.18740. 
  6. Gontad Canosa, Cristina (2000). "Preescolar na Casa". Educación y biblioteca (116): 38–40. ISSN 0214-7491. 
  7. Fernández Fernández, Ermitas; Rey Otero, M. Luisa (2000). "Preescolar na Casa. La educación infantil-familiar (Galicia)". Revista de Educación 322 (maio-agosto): 143–158. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]