Educación obrigatoria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Educación obrigatoria, escolarización obrigatoria, escolarización compulsiva, estudos obrigatorios ou ensino obrigatorio son os nomes que reciben os distintos ciclos de educación, ensino ou estudos que de forma obrigatoria debe cursar un neno ou xovén; e cuxo currículo, duración, obxectivos, contidos, procedementos e metodoloxía, varían en función do sistema educativo de cada país e época.

A favor[editar | editar a fonte]

A loita pasa por estender a obrigatoriedade do ensino cantos máis anos mellor. A maioría de países teñen oferta de ensino público (gratuíta) para os anos obrigatorios. Hai que precisar, no entanto, que o cumprimento da obrigatoriedade varía moito en función da rexión, debido ao fenómeno coñecido como absentismo escolar, que afecta máis aos pobres e aos residentes das áreas rurais.[Cómpre referencia]

En contra[editar | editar a fonte]

Os críticos da educación obrigatoria argumentan o seguinte:

  • A gratuidade descansa no financiamento por parte do Estado, polo que o receptor do servizo non é consciente do seu custo. [Cómpre referencia]
  • A obrigatoriedade da educación ata idades moi avanzadas (16 e ata 18 anos) só serve para encerrar nas aulas en contra da súa vontade a mozas que xa deberían estar traballando. Esta escolarización forzada non os beneficia en absoluto e, ademais, destrúe calquera ambiente de estudo entre os demais alumnos.[Cómpre referencia]

En España[editar | editar a fonte]

En España, desde a promulgación da LOGSE en 1990, a educación obrigatoria consta de dúas etapas:

Estas etapas corresponden ás idades comprendidas entre 6 e 16 anos. Con todo, un alumno pode cumprir os 16 anos e abandonar o sistema sen acabar a ESO debido ás repeticións de curso.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]