Arteria dorsal carpal cubital

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arterias do antebrazo

A arteria dorsal carpal cubital é unha arteria do membro superior, derivada da arteria cubital que xorde por encima do óso pisiforme, xunto ao tendón do músculo flexor ulnar do carpo. Pasa pola superficie dorsal do carpo e finalmente anastomósase coa arteria dorsal carpal radial. Xusto na súa orixe, emite unha pequena póla que pasa pola superficie interna do quinto óso metacarpiano e abastece a superficie interna da parte dorsal do dedo maimiño

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.