Apocalyptica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Apocalyptica
Apocalyptica 2005.jpg
Orixe Helsinki, Finlandia Finlandia
Período 1996 - actualidade
Xénero(s) Metal sinfónico
Selo(s) discográfico(s) Sony BMG, MCA, Zomba, Universal, Island Records
Membros Eicca Toppinen
Paavo Lötjönen
Perttu Kivilaakso
Mikko Sirén
Antigos membros Antero Manninen
Max Lilja
Web oficial www.apocalyptica.com/
Perttu Kivilaakso
Apocalyptica en concerto
Perttu Kivilaakso e Paavo Lötjönen

Apocalyptica é un grupo de música de Helsinki, Finlandia, que se caracteriza por facer heavy metal utilizando violoncellos.

Historia[editar | editar a fonte]

A orixe do grupo remóntase ao ano 1992 na academia de música Sibelius, onde varios amigos facían versións das súas bandas de metal favoritas cos seus violoncellos. Nun principio tocaban en campamentos e festas por diversión, pero logo empezaron a tocar en clubes.

No ano 1996, mentres tocaban no Heavy Metal Club Theatre, Kari Hynninen, representante do celo Zen Garden viunos e propúxolles gravar un disco. Como a maioría das súas versións eran de Metallica, gravaron un disco exclusivamente con cancións de dita banda, nacendo así Plays Metallica by Four Cellos.

En 1998 lanzaron o seu segundo álbum, Inquisitión Symphony comezando a súa primeira xira mundial. Este álbum estaba composto por versións de Metallica e outras bandas coma Sepultura, Pantera ou Faith No More, ademais de tres temas compostos por Eicca Toppinen. Tras este álbum Antero Manninen abandonou a banda para continuar os seus estudos de música clásica, e foi substituído por Perttu Kivilaakso. Este non puidera entrar na banda anteriormente debido a que era menor de idade.

No ano 2000 cambiaron de discografica e lanzaron o seu terceiro álbum, Cult, composto case esclusivamente por composicións de Eicca Toppinen, ademais de dúas versións de Metallica e outra do compositor Edvard Grieg, "Hall of the mountain king". Neste álbum fixeron por primeira vez colaboracións vocais. Un ano despois sacaron o seu primeiro DVD en vivo, Live. Co cambio de discográfica houbo fortes discucións entre Eicca Toppinen e Max Lilja, ata o punto de que este último abandonou a banda. Como non había quen o substituíse o grupo pasou a ser un trio e Antero Manninen regresa á banda só para acompañalos nalgúns directos. No ano 2002 lanzaron o seu primeiro recompilatorio, The best of Apocalyptica.

No ano 2003 lanzaron o seu cuarto albúm, Reflections, onde se abandonan as versións e se inclúen composicións de Eicca Toppinen e de Perttu Kivilaakso. Tamén engaden batería a algunhas cancións, tras tocar en directo con Dave Lombardo, antigo batería de Slayer. Na súa xira invitaron ó batería Mikko Sirén, que pasou a formar parte oficial da banda no ano 2005. En ese mesmo ano lanzaron o seu quinto álbum de estudio, Apocalyptica.

No ano 2006 sacan o seu segundo recompilatario como conmemoración do décimo aniversario da banda, Amplified, a Decade of Reinventing the Cello. Ese mesmo ano sacaron o seu segundo DVD en vivo, The Life Burn Tour.

En maio de 2007 Helsinki foi a cidade anfitriona do festival de Eurovisión, e Apocalyptica tocaron tres temas no intermedio entre as actuacións e as votación. Catro meses máis tarde lanzaron o seu sexto álbum de estudio, Worlds Collide.

Entre febreiro e marzo de 2010 realizaron a súa xira Kaamos Tour[1], onde tocan os seus dous novos temas "Sacra" e "Beautiful", do seu álbum 7th Symphony, gravado no Sonic Pump Studios en Finlandia e no Studio City en Los Ángeles.

Membros[editar | editar a fonte]

Actuais[editar | editar a fonte]

  • Eicca Toppinen - Violoncello (1992)
  • Paavo Lötjönen - Violoncello (1992)
  • Perttu Kivilaakso - Violoncello (1999)
  • Mikko Siren - Batería (2003; membro oficial a partir de decembro do 2005)

Antigos[editar | editar a fonte]

  • Antero Manninen - violoncello (1992 - 1999), tras a marcha de Max Lilja participou nalgúns concertos.
  • Max Lilja - violoncello (1992 - 2003), actualmente toca na banda finlandesa Hevein.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudo[editar | editar a fonte]

  • Plays Metallica by Four Cellos (1996)
  • Inquisition Symphony (1998)
  • Cult (2000)
  • Reflections (2003)
  • Apocalyptica (2005)
  • Worlds Collide (2007)
  • 7th Symphony (2010)

Recompilatorios[editar | editar a fonte]

  • The best of Apocalyptica (2002)
  • Amplified, a Decade of Reinventing the Cello (2006)

DVDs[editar | editar a fonte]

  • Live (2001)
  • The Life Burn Tour (2006)

Sinxelos[editar | editar a fonte]

  • "Apocalyptica" (1996)
  • "Path vol.II" (2000)
  • "Hope vol.II" (2002)
  • "Faraway vol.II" (2003)
  • "Seemann" (2003)
  • "Bittersweet" (2004)
  • "The Life Burn" (2005)
  • "Wie Weit" (2005)
  • "Repressed" (2006)
  • "I´m not jesus" (2007)
  • "SOS (Anything but love)" (2007)
  • "I don´t care" (2008)
  • "End of me" (2010)

Versións[editar | editar a fonte]

Metallica

  • "Enter Sandman"
  • "Master of Puppets"
  • "Harvester of Sorrow"
  • "The Unforgiven"
  • "Sad But True"
  • "Creeping Death"
  • "Wherever I May Roam"
  • "Welcome Home (Sanitarium)"
  • "For Whom the Bell Tolls"
  • "Nothing Else Matters"
  • "Fade to Black"
  • "One"
  • "Until It Sleeps"
  • "Fight Fire With Fire"
  • "My Friend of Misery"
  • "Seek & Destroy"

Faith No More

  • "From Out Of Nowhere"

Sepultura

  • "Inquisition Symphony"
  • "Refuse/Resist"

Pantera

  • "Domination"

Slayer

  • "South of Heaven"
  • "Mandatory Suicide"
  • "Angel of Death"

Rammstein

  • "Seeman"

David Bowie

  • "Heroes"

Edvard Grieg

  • "Hall of the mountain king"

Cancións de nadal

  • "Little Drummerboy"
  • "Oh Holy Night"

Colaboracións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]