Lacuna Coil
| Lacuna Coil | |
|---|---|
Cristina Scabbia e Andrea Ferro nunha presentación |
|
| Información | |
| Orixe | Milán, Italia |
| Período | 1994 - Actualidade |
| Xénero(s) | heavy metal, metal gótico |
| Selo(s) discográfico(s) | |
| Membros | Cristina Scabbia Andrea Ferro Cristiano Migliore Marco Biazzi Marco Coti Zelati Cristiano Mozzati |
| Antigos membros | |
| Web oficial | http://www.lacunacoil.it |
Lacuna Coil é un grupo de metal gótico formado en Milán, Italia en 1994. Antiguamente foron coñecidos como Sleep of Right e Ethereal.
Índice |
Historia [editar]
A música de Lacuna Coil está inspirada na cultura gótica e Nu Metal, usando acordes de guitarra melódicos, alternando voces pesadas e un pouco de influencia pop. Dacordo con eles mesmos, a banda está influenciada por grupos coma Paradise Lost, Tiamat, Septic Flesh e Type O Negative.
A banda formouse en 1994 co nome de Sleep of Right. Logo, en 1995, cambiáronse o nome a Ethereal, e asinaron un contrato coa casa discográfica Century Media en 1997. Atopando que o nome Ethereal xa era doutra banda, decidiron renomearse como Lacuna Coil (que significa «espiral baleiro» en italiano).
Nese entón, o grupo estaba composto por Cristina Scabbia, Andrea Ferro e Marco Coti Zelati. A banda gravou un EP, homónimo á banda, e emprenderon un xira apoiando aos compañeiros de discográfica Moonspell. Nesta xira uníronse á banda Cristián Migliore e Cristián Mozzati, guitarrista e batería respectivamente.
Logo gravaron o seu primeiro LP, In A Reverie, e uniuse á banda o guitarrista Marco Biazzi. A banda realizou outra vira por Europa, acompañando á banda Skyclad.
En 2002, o grupo lanzou o albúm Comalies, que foi aclamado pola crítica do heavy metal en todos os recunchos do mundo. Un ano despois, o primeiro sinxelo deste albúm, Heaven's A Lie, comezou a atraer a atención e lanzou á banda ao estrellato. O segundo sinxelo, Swamped, tamén se converteu nun grande éxito e foi usado na banda sonora do videoxogo Vampire:The Masquerade - Bloodlines e tamén na película Resident Evil: Apocalypse. Graváronse videos para ambos sinxelos e foron transmitidos continuamente pola MTV, estendendo a popularidade da banda.
No 2004, Comalies converteuse no álbum máis vendido na historia da discográfica. A banda apareceu no Ozzfest e realizou varias xiras por Europa e os Estados Unidos.
A principios de 2006, o grupo lanzou o seu álbum Karmacode, a secuela do grande éxito mundial que representou Comalies.
Membros [editar]
Actuais [editar]
- Cristina Scabbia - Vocalista
- Andrea Ferro - Vocalista
- Cristiano Migliore - Guitarra
- Marco Biazzi - Guitarra
- Marco Coti Zelati - Baixo
- Cristiano Mozzati - Batería
Anteriores [editar]
- Raffaele Zagaria - Guitarra
- Claudio Leo - Guitarra
- Leonardo Forti - Batería
Discografía [editar]
Álbums [editar]
- Ethereal (Demo) - 1996
- Lacuna Coil EP - 1997 (Century Media)
- In a Reverie - 1999 (Century Media)
- Halflife EP - 2000 (Century Media)
- Unleashed Memories - 2001 (Century Media)
- Comalies - 2002 (Century Media)
- Karmacode - 2006 (Century Media)
- Shallow Life - 2009 (Century Media/EMI)
- Dark Adrenaline - 2012 (Century Media)
Sinxelos [editar]
- "Heavens A Lie" (2002)
- "Swamped" (2004)
- "Our Truth"(2006)
- "Enjoy the Silence"(2006) (versión da canción homónima de Depeche Mode)
- "Closer" (2006)
- "Within Me" (2007)
- Spellbound (2009)
- I Like It (2009)
- I Won´t Tell You (2009)
- Wide Awake (2010)