Guano Apes
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Guano Apes | |
|---|---|
Logo do grupo{{{caption}}} |
|
| Información | |
| Orixe | Göttingen |
| País | Alemaña |
| Período | 1994 - 2005 |
| Xénero(s) | Rock alternativo |
| Selo(s) discográfico(s) | Gun records |
| Membros | Sandra Nasic Dennis Poschwatta Henning Rümenapp Stefan Ude |
| Antigos membros | |
| Web oficial | www.guanoapes.org |
Guano Apes foi un grupo de rock alternativo con orixe en Göttingen, Alemaña.
Índice |
[editar] Historia
O grupo formouse en 1994 en Göttingen, Alemaña. Déronse a coñecer en 1996 tras gañar un concurso local de música coa canción "Open Your Eyes". Este tema foi o seu primeiro sinxelo, seguido do lanzamento do seu primeiro álbum Proud Like a God en 1997.
No 2000 o grupo gravou o seu segundo álbum Don't Give Me Names. Os sinxelos "Big in Japan" (unha versión da canción de Alphaville) e "No Speech" tiveron moito éxito e o grupo obtivo un disco de ouro en Alemaña. Walking on a Thin Line, o seu terceiro disco, saíu á venda no 2003 xunto co sinxelo "Quietly".
O grupo disolveuse tralo lanzamento do seu disco de grandes éxitos Planet of the Apes. Despois da disolución do grupo saíu a venda un disco recopilatorio, Lost (T)apes, que contén temas inéditos que se gravaran nos anos 1994 e 1995.
[editar] Membros
[editar] Discografía
[editar] Álbums
- Proud Like a God (1997)
- Don't Give Me Names (2000)
- Walking on a Thin Line (2003)
- Live (2003)
- Planet of the Apes (2004)
- Lost (T)apes (2006)
[editar] Sinxelos
- "Open Your Eyes" (1997)
- "Rain" (1998)
- "Lords of the Boards" (1998)
- "Don't You Turn Your Back on Me " (1999)
- "Big in Japan" (2000)
- "No Speech" (2000)
- "Living in a Lie" (2000)
- "Dödel Up" (2001)
- "Kumba Yo!" (2001)
- "You Can't Stop Me" (2003)
- "Pretty in Scarlet" (2003)
- "Quietly" (2003)
- "Break the Line" (2004)
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Páxina web oficial (en inglés)

