Antônio Meneses

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntônio Meneses
Biografía
Nacemento23 de agosto de 1957 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Recife, Brasil Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
EducaciónState University of Music and Performing Arts Stuttgart (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico , violoncellista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVioloncello Editar o valor em Wikidata

Páxina webantoniomeneses.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1371468 Spotify: 71ZkFRxbUaC9OFrTHTYHPh Musicbrainz: 2c87f9ef-32c4-4244-92c0-105a0dae2ce8 Discogs: 1584466 Allmusic: mn0001649825 Editar o valor em Wikidata

Antônio Meneses, nado en Recife o 23 de agosto de 1957, é un violoncellista brasileiro.

Biografía[editar | editar a fonte]

Fillo do trompista João Jerônimo de Meneses, no primeiro ano de vida viviu na cidade de Río de Xaneiro, onde o seu pai fora convidado para integrar o elenco do Theatro Municipal do Rio de Janeiro. Con 6 anos, comeza a aprender violoncello. Gaña varios concursos e, aos 17 anos, vai estudar en Europa, para perfeccionar o seu talento.

Ingresa na Escola Superior de Música de Düsseldorf, despois segue en Stuttgart, ambas na Alemaña. En 1977 gaña o Concurso Internacional de München, derrotando, por unanimidade, a 40 candidatos.

En 1981, gravou co mestre Herbert von Karajan, e no ano seguinte venceu o Concurso Tchaikovsky, en Moscova.

Despois, presentouse coas Orquestras Filharmónicas de Moscova, San Petersburgo, Nova York e Israel, e as Orquestras Sinfónicas de Londres, da BBC e Viena, ademais da Orquestra do Concertgebouw, de Ámsterdan, e da Orquestra da Suisse Romande, entroutras.

Meneses tamén é membro titular do trío Beaux Arts, desde 1998.

O seu instrumento é un Matteo Goffriler do século XVIII (equivalente, nos violoncellos, ao violín Stradivarius).