Antonio Añoveros Ataún

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Añoveros Ataún
Biografía
Nacemento13 de xuño de 1909 Editar o valor em Wikidata
Pamplona, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de outubro de 1987 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Bilbao, España Editar o valor em Wikidata
Bispo de Bilbao
3 de decembro de 1971 – 25 de setembro de 1978
← Pablo Gúrpide Beope (pt) TraducirLuis María de Larrea y Legarreta →
Bishop of Cadiz y Ceuta (en) Traducir
2 de abril de 1964 – 3 de decembro de 1971
← Tomás Gutiérrez Díez (en) TraducirAntonio Dorado Soto (pt) Traducir →
Bispo titular
25 de agosto de 1952 – 2 de abril de 1964
← Teodor Bensch (en) TraducirJames Louis Flaherty (pt) Traducir →
Diocese: Diocese of Tabuda (en) Traducir
Bispo auxiliar
25 de agosto de 1952 – 2 de abril de 1964
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1952–), sacerdote católico (1933–) Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónÁngel Herrera Oria Editar o valor em Wikidata

Antonio Añoveros Ataún, nado en Pamplona o 13 de xuño de 1909 e finado o 24 de outubro de 1987, foi un eclesiástico católico latino navarro, bispo de Bilbao entre 1971 e 1978.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Pamplona o 13 de xuño de 1909, terceiro fillo de Julio e Claudia.[1][2][3][4][5] Estudou no colexio dos maristas da súa cidade natal, posteriormente Dereito civil na Universidade de Zaragoza, e finalmente entrou no seminario de Pamplona.[2][5] Foi ordenado sacerdote o 25 de xullo de 1933.[1][4] Comezou a exercer o seu ministerio na parroquia de San Nicolao, e posteriormente foi párroco en Tafalla.[5] Durante a guerra civil española foi capelán militar.[5]

En 1952 trasladouse a Málaga, onde foi nomeado reitor do seminario e vigairo xeral.[5] O 25 de agosto de 1952 foi nomeado bispo auxiliar de Málaga e bispo titular de Tabuda.[1][2][4] Recibiu a ordenación episcopal de mans do bispo de Málaga Ángel Herrera Oria o 12 de outubro.[4]

O 27 de outubro de 1954 foi nomeado bispo coadxutor de Cádiz e Ceuta,[2][6] e o 2 de abril de 1964 sucedeu a Tomás Gutiérrez Díez á fronte de dita diocese.[3][4] Como bispo de Cádiz publicou en 1967 unha pastoral sobre os problemas do campo andaluz, que tivo moito impacto;[3][5] tamén foi quen aprobou a Irmandade Sacramental da Misericordia de San Fernando.[7]

O 3 de decembro de 1971 foi nomeado bispo de Bilbao.[2][4] No seu exercicio como bispo, o 24 de febreiro de 1974 proclamou a homilía El cristianismo, mensaje de salvación para los pueblos, que foi lida na maioría das igrexas da diocese, e que dicía:[2][8]

O pobo vasco ten unhas características propias de tipo cultural e espiritual [...] Eses trazos peculiares dan ao pobo vasco unha personalidade específica, dentro do conxunto de pobos que constitúen o estado español actual.
O pobo vasco [...] ten o dereito de conservar a súa propia identidade [...] dentro dunha organización socio-política que recoñeza a súa xusta liberdade.
Porén, nas actuais circunstancias, o pobo vasco tropeza con serios obstáculos para poder desfrutar deste dereito [...]

O réxime franquista reaccionou ordenando o seu arresto domiciliario, e posteriormente Carlos Arias Navarro ordenou a súa expulsión do país.[2][5] Porén, o episcopado acordou aplicar a excomuñón a aqueles que procedesen contra a "autoridade eclesiástica", chegando o cardeal Tarancón a redactar o documento.[5][9] A pesar de que varios sectores do goberno querían seguir adiante, finalmente Franco decidiu evitar o conflito coa Igrexa, e Añoveros non foi expulsado.[2][9][3]

Renunciou por problemas de saúde o 25 de setembro de 1978 (sufría de Parkinson e de arteriosclerose) e se retirou a unha residencia.[2][5] Finou o 24 de outubro de 1987 en Bilbao, na clínica Virgen Blanca, onde estaba ingresado por problemas respiratorios graves.[2][3][5] Está enterrado na catedral de Santiago de Bilbao.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 López Sáinz, Celia (1975). Primer quién es quién en Vizcaya: diccionario de vizcaínos, naturales o adoptivos, de destacada proyección pública en las distintas actividades y profesiones (en castelán). La Gran Enciclopedia Vasca. p. 33. ISBN 9788424801762. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 "Fallece Añoveros, el obispo que provocó la mayor crisis entre la Iglesia y el franquismo" [Falece Añoveros, o bispo que provocou a maior crise entre a Igrexa e o franquismo]. ElPaís.com (en castelán). 27 de outubro de 1987. Consultado o 10/11/2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Rodríguez de Coro, Francisco. "Antonio Añoveros Ataun". Diccionario Biográfico electrónico (en castelán). Real Academia da Historia. Consultado o 10/11/2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Annuario Pontificio per l'annno 1984 (en italiano). p. 75. S.E.R. Mons. ANTONIO Añoveros Ataún, n. in Pamplona, 13 giu. 1909; ord. 25 lu. 1933; el. alla Ch. tit. di Tabuda 25 ag. 1952; cons. 12 ott. 1952; succ. per coad. a Cádiz y Ceuta 2 apr. 1964; tr. 3 dic. 1971 
  5. 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 Gorritxategi, Eusebio (13 de xuño de 2009). "El centenario del obispo incómodo" [O centenerio do bispo incómodo]. El Diario Vasco (en castelán). Consultado o 10/11/2020. 
  6. "COMUNICADO haciendo público los nombramientos [...] del excelentísimo y reverendísimo señor don Antonio Añoveros Ataún para Coadjutor, con derecho de sucesión del excelentísimo señor Obispo de Cádiz-Ceuta [...]" (PDF). BOE (307). 3 de novembro de 1954. ISSN 0212-033X. Consultado o 10/11/2020. 
  7. "Paso de Misterio". Hermandad Sacramental de la Misericordia (hermandadmisericordiasanfernando.es) (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22/10/2020. Consultado o 10/11/2020. En la parte trasera el escudo de armas del Excmo. Sr. Obispo de la Diócesis de Cádiz–Ceuta don Antonio Añoveros Ataún, prelado que aprobó la Hermandad 
  8. Añoveros, Antonio. "El Cristianismo mensaje de salvación para los pueblos" [O cristianismo, mensaxe de salvación para os pobos] (PDF). Euskal Memoria Digitala (euskalmemoriadigitala.eus) (en castelán). Fundación Sancho el Sabio. Consultado o 10/11/2020. El pueblo vasco tiene unas características propias de tipo cultural y espiritual [...] Esos rasgos peculiares dan al pueblo vasco una personalidad específica, dentro del conjunto de pueblos que constituyen el estado español actual [...] El pueblo vasco [...] tienen el derecho de conservar su propia identidad [...] dentro de una organización socio-política que reconozca su justa libertad [...]Sin embargo, en las actuales circunstancias, el pueblo vasco tropieza con serios obstáculos para poder disfrutar de este derecho [...] 
  9. 9,0 9,1 Callahan, William J. (2007). "The Spanish Church: Change and Continuity". En Townson, N. Spain Transformed: The Franco Dictatorship, 1959-1975 (en inglés). Springer. p. 188. ISBN 9780230592643. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Mondéjar Cumpián, Francisco (1998). Obispos de la Iglesia de Málaga [Bispos da Igrexa de Málaga]. Publicaciones Obra Social y Cultural CajaSur. ISBN 9788479592103. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Tomás Gutiérrez Díez
 Bispo de Cádiz e Ceuta 
1964 - 1971
Sucesor:
Antonio Dorado Soto
Predecesor:
Pablo Gúrpide Beope
 Bispo de Bilbao 
1971 - 1978
Sucesor:
Luis María de Larrea