Mario Iceta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mario Iceta
Arcebispo da Igrexa católica latina
Biografía
Nacemento21 de marzo de 1965 (59 anos) en Gernika-Lumo, Biscaia
Ordes
Ordenación sacerdotal16 de xullo de 1994, por José Antonio Infantes Florido
Consagración episcopal12 de abril de 2008, por Ricardo Blázquez
Bispo de Bilbao
2010 - actualidade
PredecesorRicardo Blázquez
Outros

Escudo de Mario Iceta
Omnium servus[1][2]
Ficha en catholic-hierarchy.org

Mario Iceta Gavicagogeascoa, nado en Gernika-Lumo o 21 de marzo de 1965,[3] é un eclesiástico católico vasco, actualmente bispo diocesano de Bilbao.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Presbiterado[editar | editar a fonte]

Foi ordenado sacerdote da diocese de Córdoba o 16 de xullo de 1994[3] polo bispo diocesano José Antonio Infantes Florido.

Na diocese cordobesa, comezou como coadxutor da parroquia da Asunción de Priego de Córdoba en 1994. Posteriormente pasou a ser párroco en Almodóvar del Río, entre 2002 e 2004. Foi nomeado párroco en Lucena e vigairo episcopal da Campiña en 2004, cóengo penitenciario en 2005, e vigairo xeral e ecónomo catedralicio en 2007.[4]

No ámbito académico, obtivo en 1995 o doutoramento en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Navarra,[4] e en 2002 o doutoramento en Teoloxía polo Pontificio Instituto Xoán Paulo II (Roma). En 2004 obtivo o máster en Economía pola UNED, foi nomeado membro correspondente da Real Academia de Córdoba, e comezou como profesor asociado de Teoloxía Moral e Bioética na Universidade de Navarra. Foi fundador da Sociedade Andaluza de Investigación Bioética.[4]

Episcopado[editar | editar a fonte]

O 5 de febreiro de 2008 foi nomeado bispo auxiliar de Bilbao,[3] e bispo titular de Alava. Recibiu a ordenación episcopal de mans de Ricardo Blázquez o 12 de abril de 2008,[3] sendo os co-consagradores Carlos Amigo Vallejo, arcebispo de Sevilla, e Manuel Monteiro de Castro, nuncio apostólico para España.

O 24 de agosto de 2010 foi nomeado bispo diocesano de Bilbao,[3] tomando o 11 de outubro posesión da sé.[5]

O 6 de outubro de 2020 foi nomeado arcebispo metropolitano de Burgos.[6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Monseñor Mario Iceta Gavicagogeascoa, elegido obispo de Bilbao" (en castelán). ZENIT. 24 de agosto de 2010. Arquivado dende o orixinal o 12-09-2019. Consultado o 07-10-2015. Monseñor Iceta Gavicagogeascoa ha escogido como lema episcopal "omnium servus", pues quiere "ser el servidor de todos y para todos" 
  2. "Iceta promete "servir a todos" tras su nombramiento como obispo de Bilbao". elcorreo.com (en castelán). 24 de agosto de 2010. Consultado o 07-10-2015. Como dice mi lema episcopal, omnium servus, quiero ser el servidor de todos y para todos 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Rinunce e nomine". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (Sala Stampa della Santa Sede) (B0501). 24 de agosto de 2010. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "El obispo más joven de España es cirujano". ABC.es (en castelán). 6 de febreiro de 2008. 
  5. "Iceta tomará posesión como obispo de Bilbao el lunes 11 de octubre". elcorreo.com (en castelán). 8 de outubro de 2010. Consultado o 07-10-2015. 
  6. "Mario Iceta, nuevo arzobispo de Burgos". ABC.es (en castelán). 6 de outubro de 2020. Consultado o 08/10/2020. El hasta ahora obispo de Bilbao se pone al frente del Arzobispado burgalés sustituyendo a Fidel Herráez, que presentó su renuncia al gobierno pastoral de la diócesis el 28 de julio de 2019 al cumplir 75 años. 
  7. Ontoso, Pedro (6 de outubro de 2020). "Mario Iceta deja Bilbao para ocuparse del Arzobispado de Burgos". elcorreo.com (en castelán). Consultado o 08/10/2020. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Ricardo Blázquez
 Bispo de Bilbao 
2010 - 2020
Sucesor:
(no cargo como administrador apostólico)
Predecesor:
Fidel Herráez
 Arcebispo metropolitano de Burgos 
2020 - actualidade
Sucesor:
(no cargo)