Anthony Hope

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hope.

Anthony Hope Hawkins, nado en Londres o 9 de febreiro de 1863 e finado o 8 de xullo en 1933, foi un escritor británico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade de Cambridge e exerceu a avogacía de 1887 a 1894. A súa primeira obra foi A Man of Mark (1890). A súa novela máis famosa é The Prisoner of Zenda (1894), a cal nos leva ao reino ficticio de Ruritania, no cal o rei Rupert V é substituído un tempo polo seu curmán Rupert Rassendyll (quen se namora da princesa Flavia). Outra das súas obras máis famosas é a secuela desta, Rupert de Hentzau (1898). Foi recoñecido como Sir polo seu labor propagandístico a favor de Gran Bretaña durante a Primeira Guerra Mundial. Algunhas das súas obras foron levadas ao cinema, principalmente O prisioneiro de Zenda.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]