Anomuros
| Anomuros / Anómalos (Anomura vel Anomala) Rango fósil: triásico superior - actualidade |
|||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
O cangrexo ermitán Pagurus bernhardus |
|||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||
|
|||||||||||||||
| Superfamilias | |||||||||||||||
Os anomuros (Anomura, dos elementos do latín científico anom(o)-, tirado do grego ανόμοιος anómoios, "diferente", "distinto", e -ura, plural neutro de -urus, -a, -um, derivado do grego ουρά ourá, "cola", "rabo") literalmente, "os de cola diferente (á dos outros grupos de decápodos)", tamén denominados ás veces anómalos (Anomala, nominativo plural do latín eclesiástico anōmalus, -a, -um, "irregular"), son unha infraorde de crustáceos decápodos, cuxos representantes máis coñecidos son os cangrexos ermitáns.
Índice |
Características [editar]
Os nomes anomura e anomala, como resulta evidente das súas respectivas etimoloxías, fai referencia á principal característica deste grupo, a forma pouco habitual do seu corpo, asimétrico. O nome alternativo Anomala reflicte a inusual variedade de formas nste grupo; considerando que todos os cangrexos comparten algunhas similitudes obvias, os diversos grupos de anomuros son bastante diferentes.[1]
Decápodo significa "con dez pés (ou patas", pero o quinto par de patas dos anomuros é moi reducido, quedando en ocasións oculto polo cefalotórax, empregándose non para a locomoción, senón para manteren limpas as branquias. Con esta distribución das patas, un "cangrexo" con "catro" pares de patas debe ser un anomuro e non un braquiúro.
O termo Anomura deriva dunha antiga clasificación na que os decápodos reptantes (Reptantia) se dividían en:
- Macruros (Macrura), de "cola" (abdome) longa.
- Braquiúros (Brachyura), os de "cola" curta.
- Anomuros (Anomura), con diferentes tipos de "cola".
Clasificación [editar]
A infraorde subdivídese en catro superfamilias que albergan 14 familias[2] (ou 15, de contarmos a proposición de Boyko de considerar tamén á dos Blepharipodidae):
Superfamilia Galatheoidea (galateoideos)
-
- Familia Aeglidae
- Familia Chirostylidae
- Familia Galatheidae
- Familia Kiwaidae
- Familia Porcellanidae
Superfamilia Hippoidea (hipoideos)
-
- Familia Albuneidae
- Familia Hippidae
- Familia Blepharipodidae[3]
Superfamilia Lomisoidea (lomisoideos)
-
- Familia Lomisidae
Superfamilia Lithodoidea (litodoideos)
-
- Familia Lithodidae
- Familia Hapalogastridae
Superfamilia Paguroidea (paguroideos)
-
- Familia Coenobitidae
- Familia Diogenidae
- Familia Paguridae
- Familia Parapaguridae
- Familia Parapylochelidae
- Familia Pylochelidae
- Familia Pylojacquesidae
A clasificación da NCBI [4] coincide basicamente coa da ITIS, pero nos Paguroidea inclúe só 5 familias; non incluúen a dos Parapaguridae, e en lugar da dos Pylochelidae (Bate, 1888) colocan a familia sinónima dos Pomatochelidae (Miers, 1879).
No ano 2005 descubriuse especie Kiwa hirsuta, que foi situada nunha nova familia, a dos Kiwaidae.[5]
O fósil máis antigo atribuído aos anomuros é Platykotta, do noriano–retiano (triásico superior) dos Emiratos Árabes Unidos.[6]
Notas [editar]
- ↑ Gary Poore (2004). "Anomura – hermit crabs, porcelain crabs and squat lobsters". Marine Decapod Crustacea of Southern Australia: a Guide to Identification. CSIRO Publishing. pp. 215–287. ISBN 978-0-643-09925-8. http://books.google.co.uk/books?id=TptuZCY3OU0C&pg=PA215.
- ↑ ITIS: Anomura
- ↑ Boyko, C. B. (2002). A worldwide revision of the Recent and fossil sand crabs of the Albuneidae Stimpson and Blepharipodidae, new family (Crustacea, Decapoda, Anomura, Hippoidea). 272. http://digitallibrary.amnh.org/dspace/handle/2246/436.
- ↑ NCBI: Anomura
- ↑ Furry 'lobster' found in Pacific en BBC NEWS. (en inglés) Consultada o 8/01/2013.
- ↑ Jérôme Chablais, Rodney M. Feldmann & Carrie E. Schweitzer (2011): "A new Triassic decapod, Platykotta akaina, from the Arabian shelf of the northern United Arab Emirates: earliest occurrence of the Anomura" en Paläontologische Zeitschrift 85: 93–102. Artigo completo en PDF.