Annie Jump Cannon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAnnie Jump Cannon

Annie Jump Cannon en 1922
Biografía
Nacemento11 de decembro de 1863
Dover, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte13 de abril de 1941 (77 anos)
Cambridge (Massachusetts)
Conservadora
1911 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónWellesley College, Wilmington Conference Academy, Radcliffe College
Coñecido porClasificación estelar
Actividade
Campo de traballoAstrofísica e astronomía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónastrónoma , profesora universitaria , física , astrofísica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard
Wellesley College (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresSarah Frances Whiting (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios
Medalla Henry Draper Medal (1931)

WikiTree: Cannon-1765 Find a Grave: 6652470 Editar o valor em Wikidata

Annie Jump Cannon, nada en Dover (Delaware) o 11 de decembro de 1863 e finada o 13 de abril de 1941, foi unha astrónoma estadounidense.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla dunha nai que lle ensinou as constelacións e a animou nos seus estudos, e un pai armador e tamén dedicado á política. Estudou na universidade de Wellesley, na que se graduou no ano 1884 [2]e na que aprendeu a facer espectrometrías. Despois estivo varios anos sen dedicarse á ciencia, situación que cambiou ó morrer a súa nai, pasando a dar clases de física en Wellesley e a estudar astronomía en Radcliffe.

Converteuse nunha experta no campo da fotografía e por ese motivo viaxou por toda Europa. Iso favoreceu que no 1896 participase nos primeiros experimentos de raios X nos Estados Unidos e que se incorporara ó grupo que os historiadores da ciencia chaman "Mulleres Pickering", mulleres contratadas por Edward Pickering, director do Observatorio do Harvard College, para efectuaren cálculos astronómicos,[3] seguindo a idea baconiana de que o primeiro paso en ciencia é acumular feitos. A acumulación mantíñase grazas a un fondo establecido no 1886 por Anna Draper, viúva de Henry Draper, médico e astrónomo afeccionado.

Pickering concibiu o Henry Draper Memorial como un proxecto a longo termo para obter espectros de tantas estrelas como fora posible e indexar e clasificar estrelas polo seu espectro. As medidas eran dificultosas, pero o desenvolvemento dun esquema razoable de clasificación probou asemade ser un problema teórico tan difícil como a "acumulación de datos", como Pickering recoñeceu pouco a pouco.

A análise foi iniciada no 1886 por Nettie Farrar, que o deixou poucos meses despois para casar. A súa praza ocupouna Williamina Fleming, a primeira das "mulleres Pickering" en ser recoñecida pola comunidade astronómica. Fleming examinou o espectro de máis de 10.000 estrelas e desenvolveu un sistema de clasificación con 22 clases. O traballo continuouno Antonia Maury, que desenvolveu o seu propio sistema de clasificación, confuso en comparación co anterior, e Pickering non estaba moi de acordo coa insistencia de Maury na teoría (que hoxe chamariamos astrofísica) relativa a tal esquema.

Annie Jump Cannon continuou comezando por un exame do brillo das estrelas do hemisferio sur. Aplicou un terceiro esquema, derivado dos anteriores, unha división "arbitraria" de estrelas nas clases espectrais O, B, A, F, G, K, M.[4] Estaba, en palabras de Pickering, "cargado de teoría", pero moi simplificado. O seu "ollo" para os espectros estelares era moi boa, e os seus catálogos Draper (que chegan a listar preto de 400,000 estrelas e seguen a ser usados) foron valorados como obra dunha observadora excepcional.

Cannon publicou tamén catálogos de estrelas variables (incluídas 300 descubertas por ela). O seu traballo estendeuse por máis de corenta anos, durante os que as mulleres foron ganando aceptación na ciencia. Obtivo moitos "primeiros": primeira receptora dun doutoramento honorario en Oxford, primeira muller directora da Sociedade Astronómica Americana,... Foi tamén a primeira muller en recibir o doutoramento de astronomía pola universidade de Gronigen (Países Baixos) en 1921. No ano 1923 foi elixida unha das doce mulleres vivas máis prestixiosas do planeta. No 1931 recibiu o premio Draper da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos.

En Harvard foi nomeada Conservadora das Fotografías Astronómicas en 1891, pero só en 1938, dous anos antes da súa xubilación, chegou a obter a praza como astrónoma.[5]

Oh, Be A Fine Girl--Kiss Me! (Oh, se unha rapaza xeitosa—Bícame!) é unha frase que axudou a varias xeracións de astrónomos a aprender a clasificación espectral das estrelas, algo curiosamente feito por unha muller, no que se basea o diagrama de Herzsprung-Russell.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Na súa honra, a Asociación americana de mulleres universitarias presentou o premio Annie Jump, de celebración anual, para aquelas mulleres que comecen a súa carreira de astronomía.[6]

O cráter Cannon foille asignado en 1964. [5]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Annie Jump Cannon". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2021-05-08. 
  2. Claramunt e Claramunt (2012)
  3. Shteynberg, Catherine (2009-05-08). "Pickering’s Women?". Smithsonian Institution Archives (en inglés). Consultado o 2021-05-08. 
  4. Pannekoek, Anton (1989). A history of astronomy. New York : Dover Publications. ISBN 978-0-486-65994-7. 
  5. 5,0 5,1 Altschuler e Ballesteros (2016)
  6. "Annie Jump Cannon Award in Astronomy". aas.org. Consultado o 2021-05-09. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Claramunt Vallespí, Rosa; Claramunt Vallespí, Teresa (2012). MUJERES EN CIENCIA Y TECNOLOGIA. UNED. ISBN 9788436264210.
  • Daniel Roberto Altschuler e Fernando J. Ballesteros (2016). Las mujeres de la Luna. Historias de amor, dolor y valor. Editorial: Next Door Publishers e Jot Down Books (Colección El café Cajal). ISBN: 978-84-944435-4-1.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]