Angela Smith

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAngela Smith
Biografía
Nacemento3 de xullo de 1953 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Stoke-on-Trent, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de squash Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
DeporteSquash Editar o valor em Wikidata

Angela Smith, nada en Stoke-on-Trent o 3 de xullo de 1953, é unha antiga xogadora e adestradora de squash inglesa, a primeira muller en se converter en xogadora profesional de squash, e que se mantivo na elite dese deporte entre 1979 e 1990.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixinaria da localidade de Bucknall, arrabalde de Stoke-on-Trent, foi ao instituto na vila próxima de Hartshill e alí comezou a xogar ao tenis, pero ao pouco pasou a se interesar polo squash. Xa rematados os estudos, adestrouna Nasrullah Khan, quen tamén adestraba a Jonah Barrington, e logrou un rápido ascenso no circuíto, tal que chegou ao número dous británico na súa primeira entrada nas listas. Pasou ás semifinais do Campionato Británico de Squash, o British Open, oito veces e gañou os abertos de España, Portugal, Canadá, Estados Unidos, Noruega, Israel (seis veces) e Bermudas. Conseguiu o campionato británico en 1976. Formou parte do equipo británico que se fixo co campionato mundial feminino de 1979 e do equipo inglés que quedou segundo no campionato mundial feminino de 1981.

En 1979 canda Jayne Ashton, Sue Newman, Barbara Wall e Lyle Hubinger formou a Women’ International Squash Players Association (WISPA), que chegou a ter 500 membros antes de se fusionar coa Professional Squash Association (PSA) en 2011[1].

Logo de se retirar do circuíto profesional adestrou xogadores nos Estados Unidos, Bahamas e mais en España[2].

Grande afeccionada ao fútbol é membro do consello de seareiros do Stoke City F.C. e colaborou no establecemento dunha academia en Shanghai en 2012[3]. Dende agosto de 2022 é directora xerente do Stoke City FC Women[4] e tamén forma parte da redacción deportiva da emisora da BBC Radio Stoke[5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Angela Smith". Stafforshire University. 
  2. "Trailblazer Angela Smith fears for the future of squash as playing numbers decline". Squash Mad. 23 de febreiro de 2022. 
  3. "Angela Smith: Strengthening Sino-British friendship through football". People's Daily Online. 2 de novembro de 2022. 
  4. "Women set for season opener". Stoke City FC. 20 de agosto de 2022. 
  5. "Angela Smith". Internet Commentator Database.