Anfiteatro de Tarraco
O anfiteatro de Tarraco é un edificio romano construido preto do mar, tras a muralla da cidade de Tarraco, capital da provincia romana Hispania Citerior Tarraconensis. Constitúe, xunto con outros emprazamentos, o Conxunto arqueolóxico de Tarraco, que forma parte do Patrimonio da Humanidade dende o ano 2000, sendo o seu código de inscrición 875-007.
Índice |
[editar] A función do anfiteatro
Nel tiñan lugar todo tipo de espectáculos, coma a munera (loita de gladiadores), as venationes (loitas con animais) e as execucións públicas. Construíuse preto do mar na parte baixa da cidade para proporcionar un aceso doado ao público asistente as funcións e facilitar o desembarco na praia dos animais empregados. No ano 259, San Frutuoso e os seus diáconos foron martirizados neste emprazamento, feito que foi conmemorado no século VI mediante a construción dunha basílica visigoda adicada a estes mártires na propia situación do anfiteatro.
[editar] Características técnicas
- Data de construción: século II d.C.
- Capacidade: 14.000 persoas
- Forma arquitectónica: elipse
- Dimensións: 109,5 x 86,5 metros (en forma elíptica)
- Estancias: Baixo a area onde tiñan lugar os espectáculos atopábanse as fossae ou estancias subterráneas para os animais e os gladiadores, que contaban cun montacargas para erguelos ata a area do anfiteatro. A cavea era a grada e estaba dividida en tres maenianae ou sectores, separados por muros e corredores para distribuír aos espectadores segundo a súa clase social. Un podium de 3,25 metros de altura separaba a area das gradas.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Páxina web do Concello de Tarragona (en catalán)
- Páxina turística de Tarragona (en catalán)
- Museo de Historia de Tarragona