Andrzej Sapkowski
Andrzej Sapkowski é un escritor polaco nado en Łódź no 1948). O Seu estilo de escritura é fluido e directo, adaptando a lenguaxe popular da Polonia actual. As súas principais obras son de temática medieval con un enfoque que vai desde a novela histórica ate a fantástica, pero sempre influenciadas pola cultura eslava e as narracións tradicionais.
Entre as suas obras máis populares encontramos a saga do "bruxo" Geralt de Rivia que consta de sete volumes. A súa primeira historia, O Brujo (Wiedźmin[1] en polaco) foi publicada na revista Fantastyka [2] en 1986 e acadou un grande éxito que levaría á continuación da saga de Geralt.
A saga de Geralt foi levada ao cine (Wiedźmin, dirigida por Marek Brodzki, 2001), á televisión en forma de serie e foi tamén reescrita coma banda deseñada. Tamén ten unha adaptación ao mundo dos videoxogos (The Witcher, 2007) e outra coma xogo de rol de mesa.
Sapkowski ten gañado cinco premios Zajdel por diversas historias: O mal menor (Mniejsze zło) (1990), A espada do destino (Miecz przeznaczenia) (1992) e as novelas No cráter da bomba (W leju po bombie) (1993), A sangue dos elfos (Krew elfów) (1994) e Narrenturm (2002). Esta última constitue o inicio dunha serie de novelas de ambientadas nas guerras husitas do século XV.
[editar] Bibliografía
- Wiedzmin (col., 1990), Reporter, Varsovia
- Mieck Przeznaczenia (col., 1992)
- Ostatnie Zyczenie (col., 1993)
- Krew Elfów (1994)
- Czas Pogardy (1995)
- Oko Yrrhedesa
- Swiat Króla Artura/ Maladie, (1995)
- Chrzest Ognia (1996)
- Wieza Jaskólki (1997)
- Pani Jeziora (1999)
- Cos Sie Konczy, Cos Sie Zaczyna (coll., 2001)
- Zlote Popoludnie (1997)
- Narrenturm (2002)
- Bozy Bojownicy (2004)
- Lux Perpetua (2006)
[editar] Ligazóns externas
- Páxina web oficial de Andrzej Sapkowski (Polaco)
- Páxina oficial do videoxogo The Witcher (Inglés)
- Páxina con información sobre Sapkowski (Español)
- Foro en español sobre Sapkowski (Español)
- Wiki sobre Sapkowski e o seu mundo (Polaco)