Andrea Maceiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAndrea Maceiras

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de novembro de 1987 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Coruña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Páxina webandreamaceiras.es Editar o valor em Wikidata
Facebook: andrea.maceiras.7 Twitter: _AndreaMaceiras Instagram: andrea.maceiras AELG: 485 Dialnet: 3204529 Editar o valor em Wikidata

Andrea Maceiras Lafuente, nada na Coruña o 6 de novembro de 1987, é unha escritora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutora en filoloxía hispánica e licenciada en Filoloxía galega pola Universidade da Coruña.

Publicou a súa primeira novela, Proxecto Bolboreta no ano 2007, tras gañar o I Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior. En 2009 gañou o premio Meiga Moira con Violeta tamurana, publicada o ano seguinte. En 2012 publica O segredo do lagarto arnal, e un ano despois sae Nubes de evolución, finalista do premio Fundación Caixa Galicia e nomeado mellor libro xuvenil dese ano nos Premios Fervenzas Literarias.

No ano 2014 publica Miña querida Sherezade, obra gañadora do premio Meiga Moira, e ese mesmo ano publica tamén Volverás, golfiño, finalista do Premio Merlín. Ao ano seguinte, en 2015, gaña o premio Jules Verne con Europa express, obra publicada ese mesmo ano e pouco tempo despois traducida ao inglés. Tamén foi recoñecida como a mellor novela xuvenil nos Premios Fervenzas Literarias.

En 2018 gañou o Premio Lazarillo á creación literaria por Conta nove estrelas, segundo o xurado: "unha obra ben urdida e entramada cunha linguaxe poética con belísimas escenas que te transportan a un mundo galáctico. Unha aposta á imaxinación desbordante e á ciencia ficción”.[1] Tamén no 2018 queda finalista do Premio Raíña Lupa con O que sei do silencio, publicada ese mesmo ano e traducida ao español en 2020.

En 2020, concedéronlle o premio dos Clubs de Lectura da Consellería de Educación de Galicia como a autora máis lida. E ese mesmo ano, gañou o premio Merlín de literatura infantil con A folla azul, publicada en 2021. No mesmo ano, gañou o XV premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña coa obra Que me pare o corazón se te esquezo.

En marzo de 2022 gañou o XIX Premio Anaya de Literatura Infantil y Juvenil coa obra Alma de elefante, que viu a luz o 31 de marzo de ese mesmo ano. E un ano máis tarda, esa mesma novela recibiu o I Premio A da Sociedad Colegial de Escritores ACE e do Grupo de Investigación de Literatura infantil de la Universidade Complutense de Madrid (Ċtorial Cometa Roja. Tamén publicou en español e catalán Niño y Jaguar, coa Editorial Milenio.

En decembro de ese mesmo ano, gañou o XLI Premio Vila d'Ibi coa novela Siempreviva, que verá a luz o vindeiro ano da man da Editorial Anaya.

Obras[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Obtivo en varias ocasións o primeiro premio do Certame Literario do Concello de Cambre.
  • Gañadora do I Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior.
  • Finalista do VI Premio de Novela Biblos-Pazos de Galicia no 2010.
  • Gañadora do Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil en 2010, por Violeta Tamurana.
  • Finalista do Premio Fundación Nova Caixa Galicia 2011, por Nubes de evolución.
  • Terceiro premio do XIV Premio de poesía Díaz Jácome, por Auga lonxincua en 2013.
  • Gañadora do Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil en 2014, por Miña querida Sherezade.
  • Gañadora do Premio Jules Verne en 2015, por Europa Express.
  • Premio Fervenzas literarias ao mellor libro de literatura xuvenil en 2015, por Europa Express.
  • Premio Lazarillo 2018 á creación literaria[13]
  • Premio dos Clubs de Lectura da Consellería de Educación en 2020.[14]
  • Gañadora do Premio Merlín en 2020, por A folla azul.
  • 2021: XV Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña, por Que me pare o corazón se te esquezo.[15]
  • XIX Premio Anaya de Literatura Infantil y Juvenil en 2022, por Alma de elefante.
  • Premio A de la Sociedad Colegial de Escritores ACE y del Grupo de Investigación de Literatura infantil de la Universidade Complutense de Madrid (ELLI) 2023, por Alma de elefante.
  • Premio XLI Vila d'Ibi 2023 por Siempreviva.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Paloma Corral, Begoña Oro y Andrea Maceiras ganan los Premios Lazarillo 2018". revistababar.com. Consultado o 03/12/2018. 
  2. "Proxecto Bolboreta". xerais.gal. Consultado o 03/12/2018. 
  3. "Violeta tamurana de Andrea Maciras". blogoteca.com. Consultado o 03/12/2018. 
  4. Nicolás, Ramón. "Miña querida Sherezade, de Andrea Maceiras". cadernodacritica. Consultado o 03/12/2018. 
  5. "Volverás golfiño". xerais.gal. Consultado o 03/12/2018. 
  6. "Europa Express". xerais.gal. Consultado o 03/11/2018. 
  7. "Andrea Maceiras, Europa Express". palabradegatsby.com. Consultado o 03/12/2018. 
  8. "Europe Express". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-06. 
  9. "O que sei do silencio". trafegandoronseis. Consultado o 03/12/2018. 
  10. "O que sei do silencio". xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 02/03/2021. Consultado o 03/12/2018. 
  11. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-05-07. 
  12. Nicolás, Ramón (2022-10-17). "Que me pare o corazón se te esquezo, de Andrea Maceiras". Caderno da crítica. Consultado o 2022-10-17. 
  13. L., R. (4 de decembro de 2018). "La escritora gallega Andrea Maceiras gana el premio Lazarillo de creación literaria". farodevigo.es. Consultado o 21 de novembro de 2020. 
  14. "Premio dos Clubs de Lectura 2020 para Andrea Maceiras". edu.xunta.gal. 
  15. "Andrea Maceiras gaña o XV Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña". Nós Diario. 30 de xuño de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]