Andrés de Irujo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAndrés de Irujo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de novembro de 1907 Editar o valor em Wikidata
Lizarra, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de setembro de 1993 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña
Arxentina Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Deusto Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , editor literario , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoEuzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco
Eusko Alkartasuna Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiDaniel Irujo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsManuel Irujo Ollo, Pello Irujo (pt) Traducir e Eusebio Irujo Ollo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Andrés de Irujo Ollo, nado en Lizarra, Navarra o 29 de novembro de 1907 e finado o 29 de setembro de 1993, foi un político vasco.

Fillo do avogado Daniel Irujo y Urra, un pioneiro do nacionalismo vasco en Navarra e defensor de Sabino Arana, e irmán de Manuel de Irujo e Pello Irujo. Estudou bacharelato en Lekaroz, aos 16 anos afiliouse no Partido Nacionalista Vasco e foi colaborador na Voz de Navarra. Seguiu os seus estudos de dereito en Deusto e Madrid.

Foi un dos asinantes do "Manifesto republicano" do Ateneo de Madrid que estaba encabezado por Manuel Azaña. Cando comezou a Guerra Civil Española trasladouse a Donostia e foi nomeado comisario de Gobernación na Xunta de Defensa e participou reorganizando a Brigada de Orde Pública onde se encargou da custodia das prisións de Ondarreta e Kursaal, evitando execucións arbitrarias. Supervisou a ordenada evacuación de Donostia perante a entrada das columnas nacionais.

En 1937 cando o seu irmán Manuel foi ministro de Xustiza, el estivo como secretario do ministerio. Exiliouse inicialmente a Francia e foi representante alí do Goberno Vasco, pero cando se produciu a ocupación alemá na segunda guerra mundial, partiu cara á Arxentina.

En 1942 funda con Isaac López Mendizábal, en Buenos Aires, a Editorial Ekin que publicará, até os nosos días, importantes achegas á historiografía vasca. Tamén participou na fundación do Instituto Americano de Estudos Vascos e Eusko Kultur Etxea - Casa da Cultura Vasca.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]