Ana María Rodríguez Rivas
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1967 ![]() Lugo, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritora ![]() |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá ![]() |
![]() ![]() |
Ana María Rodríguez Rivas, nada en Lugo en 1967, é unha xornalista e escritora galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Traballou como xornalista en El Progreso, La Voz de Galicia e El Correo Gallego. Doutora en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, é profesora de Xornalismo e Comunicación Audiovisual na Universidade Rei Xoán Carlos de Madrid. Membro da directiva da asociación cultural Aquilino Iglesia Alvariño de Muimenta.[1]
Obras[editar | editar a fonte]
- Xosé Trapero Pardo, a crónica dun século. Fundación Caixa Galicia, 2000.
- O xornalismo en Galicia: percorrido histórico pola prensa de Lugo. Galaxia, 2006.
Premios[editar | editar a fonte]
- Premio Literario Ánxel Fole (2000) por Trapero Pardo, a crónica dun século.[2]