Anís estrelado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anís estrellado
Froitos do anís estrelado (Illicium verum)
Froitos do anís estrelado (Illicium verum)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Austrobaileyales
Familia: Illiciaceae
Xénero: 'Illicium'
Especie: ''I. verum''
Nome binomial
''Illicium verum''
Hook.f.

O anís estrelado, anís estrelado chinés, badiana ou badiana da China, (chinés: 八角, pinyin: bājiǎo, lit. "oito cornos") é unha especia que se asemella ao anís no seu sabor, que se obtén do pericarpo con forma de estrela do Illicium verum.

Descrición[editar | editar a fonte]

O Illicium verum é unha árbore perenne nativa da pequena rexión suroeste da China. Os froitos, que presentan forma de estrela, cóllense momentos antes da maduración. Utilízase extensamente dentro da cociña chinesa, e un pouco menos dentro de Asia do Sur e Indonesia. O anís estrelado é un ingrediente do tradicional po das cinco especias da cociña chinesa. É tamén un dos ingredientes usados para facer o caldo para a sopa de tallaríns vietnamita chamada phở.

O anís estrelado contén anetol, o mesmo principio activo que lle dá ao anís o sabor. Recentemente, estase utilizando no mundo occidental como un substituto menos caro do anís para os anises en repostería, ademaos de na produción de licores , tal como o licor Galliano ou o licor francés Pastis.

O anís estrelado usouse en forma de como un remedio contra o cólico e o reumatismo, e as sementes mastíganse despois dunha comida para axudar a facer a dixestión.

Se ben se produce na maioría dos organismos autótrofos, o anís estrelado é a fonte industrial do ácido shikímico, o ingrediente primario que se usa para crear o medicamento antigripal Tamiflu. Considérase o Tamiflu como o medicamento máis prometedor para mitigar a severidade da gripe aviar (H5N1); aínda que, algúns informes indícanos que algunhas formas do virus xa se adaptaron ao Tamiflu.

A escaseza de anís estrelado é unha das razóns dominantes polas que hai unha escaseza mundial de Tamiflu (2005). O anís estrelado prodúcese en catro provincias da China e recóllese entre marzo e maio. O ácido shikímico extráese das sementes nun proceso de fabricación de dez etapas que dura un ano. Os informes din que o 90% da colleita se utiliza xa para o fabricante farmacéutico suízo Roche na fabricación do Tamiflu, pero outros informes din que hai abundancia da especia nas rexións principais: Fujian, Guangdong, Guangxi e Yunnan.

Nun principio, críase que o anís estrelado era moi beneficioso e dábaselle aos ninos pequeños e incluso recén nacidos, pero recentes estudos determinan que en grandes cantidades, pode resultar mortal.

Adulterantes[editar | editar a fonte]

O anís estrelado do Xapón é o froito do Illicium anisatum e é moi velenoso. Como é moi parecido morfoloxicamente á badiana, é un adulterante común que debe controlarse con coidado. Dito froito contén o 1% de aceite esencial e shikimina, á cal se lle debe as súas propiedades velenosas. O olor é distinto ao do anís estrelado chinés, xa que se asemella unha esencia máis a loureiro ou sasafrás.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Anís estrelado
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Anís estrelado

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]