Amarillo, Texas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Centro de Amarillo

Amarillo (æməˈrɪlɵ) é unha cidade do oeste de Texas, Estados Unidos. No ano 2000 tiña unha poboación de 173.627, sendo a 14ª cidade máis habitada do estado. É a capital do condado de Potter.[1] Un cacho da cidade esténdese polo condado de Randall. Toda a área metropolitana de Amarillo ten unha poboación estimada de 236.113 habitantes esparexidos por catro condados.

Amarillo, orixinalmente chamado Oneida, está situado na rexión do Llano Estacado.[2] O ferrocarril provisto por Fort Worth and Denver Railway contribuíu ao crecemento da cidade como mercado de gando a finais do século XIX. Amarillo é o centro económico da panhandle de Texas,[3] e é economicamente importante para Novo México Oriental e a panhandle de Oklahoma.

Índice

[editar] Linguas

Inglés 81'1%, Castelán 16%, Laosiano 0'7%, Vietnamita 0'6%

[editar] Historia

En 1541 o conquistador español Francisco Coronado foi o primeiro europeo en chegar á rexión da actual Amarillo, pero non foi ata 1887 en que se funda a actual Amarillo. En 1918 descúbrese petróleo, comezando a prosperidade da cidade, coa instalación na cidade de compañías de petróleo e gas

[editar] Economía

Coñecida como a capital do petróleo dos Estados Unidos, é asemade un dos maiores produtores de helio. Tamén é importante a produción de carne de vaca, procedente das cabana da comarca.

[editar] Notas

  1. Texas State Library / U.S. Census Bureau 2000 Census: Population of Texas Cities. Consultado o 2 de abril de 2011.
  2. Rathjen, Fredrick W. The Texas Panhandle Frontier (1973). pg. 11. The University of Texas Press. ISBN 0-292-78007-9.
  3. United States Department of Transportation Economic Development History of Interstate 27 in Texas. Consultado o 2 de abril de 2011.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas