Lingua laosiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lao
ພາສາລາວ / Phaasaa laao'
Falado en: República Democrática Popular Lao Laos
Flag of Thailand.svg Tailandia
Flag of Vietnam.svg Vietnam
Total de falantes: Uns seis millóns
Familia: Tai-kadai

 Kam-tai
  Be-tai
   Tai-sek
    Tai
     Suroriental
      Lao-phutai

        Lao
Escrita: Alfabeto laosiano
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Laos
Regulado por: Non está regulado
Códigos de lingua
ISO 639-1: lo
ISO 639-2: lao
ISO 639-3: lao
SIL: lao
Idioma lao.png

A lingua laosiana ou lao (ພາສາລາວ phaasaa laao) é o idioma oficial de Laos. É unha lingua tonal da familia tai de linguas e está estreitamente relacionada coa lingua isan, falada na rexión de Isan, no nordeste de Tailandia.

O sistema de escritura laosiana é alfasilábico, é dicir, cada carácter denota unha sílaba. Este alfabeto está estreitamente emparentado co alfabeto tailandés.

O laosiano clasifícase habitualmente en cinco dialectos principais, que mostran considerable variación, especialmente en canto ao uso da tonalidade:

Tons[editar | editar a fonte]

O laosiano de Vientián ten seis tons: baixo, medio, alto, ascendente, alto e baixo descendente. Os residentes de Luang Prabang usan cinco tons: medio descendente ascendente, baixo ascendente, medio, alto descendente e medio ascendente.

Escritura[editar | editar a fonte]

O alfabeto laosiano baséase na mesma escritura que o alfabeto tailandés. Introducíuse en Laos a través de monxes budistas cingaleses e camboxanos durante o reinado do primeiro rei de Laos. É máis simple que os seus parentes tailandés, camboxano e birmano.

Está formado por 33 consoantes e 28 vogais que representan respectivamente 21 e 27 fonemas, e escríbese as verbas foneticamente empregando a súa escritura de esquerda a dereita.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua laosiana.