Amaranthus cruentus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Amaranthus cruentus

Amaranthus cruentus
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Caryophyllales
Familia: Amaranthaceae
Subfamilia: Amaranthoideae
Xénero: 'Amaranthus'
Especie: ''Amaranthus cruentus''

Amaranthus cruentus, é unha especie herbácea pertencente á familia Amaranthaceae. Atópase en Norteamérica e Suramérica. É unha das tres especies de amaranto cultivadas como fonte de gran, as outras dúas son A. hypochondriacus e A. caudatus.

Ilustración.
Follaxe de Amaranthus cruentus 'Oeschberg'.
Cabezas florais de Amaranthus cruentus 'Oeschberg'.
Detalle das flores de Amaranthus cruentus 'Foxtail'.

Descrición[editar | editar a fonte]

Amaranthus cruentus é unha herba anual coroada con acios de flores de cor rosa escuro. A planta pode crecer até os 2 m de altura, e florece desde verán a outono. Crese que procedía de Amaranthus hybridus, coa que comparte moitas características morfolóxicas. Esta especie atopábase en uso como unha fonte de alimento en América Central desde antes do 4000 a. C. A planta é xeralmente de cor verde, pero unha variante de cor púrpura foi utilizada nos rituais incas. Este cultivo é fonte dunha gran gama de nutrientes, é moi usado na India.

Uso[editar | editar a fonte]

As sementes cómense como un gran de cereal. Son de cor negra no medio silvestre e branca na forma domesticada. Trátase dunha fonte para fariña, flocos de millo, cocida e en confeitaría chamada alegría. As follas poden cociñarse como as espinacas, e as sementes poden xerminar en brotes nutritivos. Aínda que A. cruentus xa non é un alimento básico, aínda é cultivado e vendido como un alimento saudable.

É un cultivo importante para os agricultores de subsistencia en África.[1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Amaranthus cruentus foi descrita por Carl von Linné e publicada en Systema Naturae, Editio Decima 2: 1269. 1759.[2]

Etimoloxía

amaranthus: nome xenérico que procede do grego amaranthos, que significa "flor que non murcha".

cruentus: epíteto latino que significa "ensanguentado", facendo referencia á coloración das inflorescencias.[3]

Sinonimia
  • Amaranthus anacardana Hook.f.
  • Amaranthus arardhanus Sweet
  • Amaranthus carneus Moq.
  • Amaranthus chlorostachys Moq.
  • Amaranthus esculentus Besser ex Moq.
  • Amaranthus farinaceus Roxb. ex Moq.
  • Amaranthus guadeloupensis Voss
  • Amaranthus guadelupensis Moq.
  • Amaranthus hybridus subsp. cruentus (L.) Thell.
  • Amaranthus hybridus var. paniculatus (L.) Uline & W.L.Bray
  • Amaranthus hybridus var. patulus (Bertol.) Thell.
  • Amaranthus hybridus subsp. patulus (Bertol.) Carretero
  • Amaranthus incarnatus Moq.
  • Amaranthus montevidensis Moq.
  • Amaranthus paniculatus L.
  • Amaranthus patulus Bertol.
  • Amaranthus purgans Moq.
  • Amaranthus rubescens Moq.
  • Amaranthus sanguineus L.
  • Amaranthus sanguinolentus Schrad. ex Moq.
  • Amaranthus speciosus Sims
  • Amaranthus spicatus Wirzén
  • Amaranthus strictus Willd.
  • Galliaria patula Bubani[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Grubben, G.J.H. & Denton, O.A. (2004) Plant Resources of Tropical Africa 2. Vegetables. PROTA Foundation, Wageningen; Backhuys, Leiden; CTA, Wageningen.
  2. [Ligazón morta]
  3. Amaranthus cruentus en Flora de Canarias
  4. Amaranthus cruentus en PlantList

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]