Alvito de Mondoñedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlvito de Mondoñedo
Biografía
NacementoMondoñedo Editar o valor em Wikidata
Morte5 de setembro de 1063 Editar o valor em Wikidata
Ishbiliya (Taifa de Sevilla) Editar o valor em Wikidata
Bispo de León
maio de 1057 – 5 de setembro de 1063 – Arias Gundesíndiz (en) Traducir →
Abade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de León Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónSacerdote católico de rito romano , bispo católico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor em Wikidata

Alvito de Mondoñedo, nado en Mondoñedo despois do ano 1000 e finado en Sevilla no 1063, foi un bispo de orixe galega pertencente á primitiva casa de Saavedra, pois era tataraneto de Adosinda Guterrez, (irmá de san Rosendo) e de Aloito Lucio de Saavedra (*910).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi fillo de Aloito Fernández de Saavedra, que foi ricohome e mordomo maior do rei Vermudo II, e de Urraca López de Lemos; o seu irmán máis vello Arias Aloitiz herdou os estados do seu pai, que incluían o castelo de Arias e o territorio de Parga, Vilalba e Mondoñedo.[1][2]

Algúns autores menciónano como confesor do rei Fernando I de León,[3] monxe e abade abade de Sahagún[4][5][6] ou do de Samos,[7][8] quizais confundíndoo con outro prelado do mesmo nome.[9] Consta a súa presenza á fronte da diocese en varios documentos dende maio do ano 1057, despois da renuncia do seu antecesor Cipriano.[10][11]

No ano 1063, o rei Fernando organizou unha expedición contra as taifas do sur peninsular, e tras os seus éxitos militares enviou a Sevilla a Albito e ao bispo de Astorga Ordoño coa misión de recuperar o corpo de Santa Xusta; non conseguiron atopar os restos desta, mais si os de Santo Isidoro, quen revelándose a Albito comunicoulle o lugar da súa sepultura, anunciándolle tamén a súa próxima morte. Efectivamente, o bispo morreu unha semana despois de atopar o sepulcro do santo, e Ordoño regresou a León cos corpos de ambos.[12]

En presenza do abade de Silos San Domingos, Santo Isidoro foi depositado na igrexa de San Xoán e Albito na igrexa de Santa María de Regla;[13] segundo a tradición, antes de que Albito fose sepultado, Santo Isidoro apareceuse ao rei Fernando reclamando que o seu corpo estivese presente no enterro do de Albito, como finalmente se fixo.[14]

Aínda que non foi canonizado nin tivo rezo oficial, foi venerado como santo na igrexa de León. No santoral español aparece o 5 de setembro[15] ou o 8 de novembro.[16]

Notas[editar | editar a fonte]