Aloidendron

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aloidendron é un xénero de plantas suculentas da subfamilia Asphodeloideae. Aínda que algunhas teñen aspecto de árbore, en realidade están relacionadas cos áloes. O xénero foi separado do xénero máis amplo Aloe en 2013.[1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Os estudos filoxenéticos indicaron que varias especies que estaban situadas tradicionalmente no xénero Aloe eran xeneticamente distintas e formaban un clado separado. En 2013, estas especies foron separadas e clasificadas nun novo xénero, Aloidendron, unha decisión que foi confirmada por Manning et al. en 2014.[2]

Especies[editar | editar a fonte]

En 2017, a World Checklist of Selected Plant Families aceptaba as seguintes especies dentro deste xénero:

Imaxe Nome científico Distribución
Aloidendron barberae (Dyer) Klopper & Gideon F.Sm. En Suráfrica da provincia do Cabo Oriental ata o antigo Transkei, KwaZulu-Natal, Eswatini e Mpumalanga; e cara ao norte ata Mozambique e o leste de África.
Aloidendron dichotomum (Masson) Klopper & Gideon F.Sm. No norte de Keetmanshoop, en Namibia. Provincia do Cabo Setentrional en Suráfrica en Gannabos.
Aloidendron eminens (Reynolds & P.R.O.Bally) Klopper & Gideon F.Sm. Na área norte de Erigavo, Somalia.
Aloidendron pillansii (L.Guthrie) Klopper & Gideon F.Sm. Namibia e Suráfrica.
Aloidendron ramosissimum (Pillans) Klopper & Gideon F.Sm. Entre Suráfrica e Namibia.
Aloidendron sabaeum (Schweinf.) Boatwr. & J.C.Manning Arabia Saudita e o Iemen.
Aloidendron tongaense (van Jaarsv.) Klopper & Gideon F.Sm. En KwaZulu-Natal, na fronteira entre Mozambique e Suráfrica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Aloidendron". World Checklist of Selected Plant Families. Royal Botanic Gardens, Kew. Consultado o 2017-10-15. 
  2. Manning, John; Boatwright, James S.; Daru, Barnabas H.; Maurin, Olivier & Bank, Michelle van der (2014). "A Molecular Phylogeny and Generic Classification of Asphodelaceae Subfamily Alooideae: A Final Resolution of the Prickly Issue of Polyphyly in the Alooids?". Systematic Botany 39 (1): 55–74. doi:10.1600/036364414X678044. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.