Allan Kardec

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Allan Kardec, pseudónimo de Hippolyte Léon Denizard Rivail, nado en Lión o 3 de outubro de 1804 e falecido en París o 31 de marzo de 1869, foi un educador francés, fundador do espiritismo.

Biografía[editar | editar a fonte]

Cursou os seus primeiros estudos en Lión e completounos en Yverdum (Suíza), no instituto do célebre profesor Pestalozzi, coñecido por ser un dos máis respectados centros de ensinanza da Europa daquela época.

Centrouse no estudo da lingüística. Falaba correctamente alemán, inglés, castelán e holandés. En París fundou un centro de estudos.

En 1854, aos 50 anos, oe falar por vez primeira do fenómeno das táboas xiratorias. Xa o 18 de abril de 1857 publica un libro que marcará o inicio do espiritismo, O libro dos espíritos, que lle deu a fama de fundador do espiritismo.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Curso Práctico e Teórico de Aritmética, segundo o Método de Pestalozzi, con Modificacións (1824)
  • Plan proposto para a mellora da instrución pública (1828)
  • Gramática francesa clásica (1831)
  • Manual dos exames para os diplomas de capacidade (1846)
  • Catecismo gramatical da lingua francesa (1848)
  • A Xénese
  • Os Evanxeos segundo o Espiritismo.