Alicia do outro lado do espello
| Alicia do outro lado do espello | ||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
|
||||||||||||||||||
|
Alicia do outro lado do espello (Through the Looking-Glass, and What Alice Found There, título orixinal en inglés) é un libro de Lewis Carroll escrito en 1871 secuela da obra Alicia no país das marabillas (Alice's Adventures in Wonderland, título orixinal en inglés) de 1865.
Índice |
Resumo [editar]
Todo comeza un día no que Alicia quere pasar ao outro lado do espello da súa casa para poder ver como será aquel lugar, a pesar que xa sabe que unha parte del semella ser case igual ao seu. Parece que o soño se fai realidade e Alicia encóntrase no outro lado do espello, e sorprendentemente as cousas parecen estar vivas.
Alicia tivo un pequeno xogo no xadrez e colleu o caderno do rei Vermello e leu os poemas que tiña escrito, que se poden resumir na morte do Xascatrón. O seguinte lugar que vai visitar e o xardín, hai diversas flores que falan con ela, en especial un lirio. Alí encóntrase coa Raíña Vermella, a que lle deixou claro que todo aquilo era seu e que a raíña era a maxestade.
Alicia tras observar con detención o xardín, deuse conta que todo estaba dividido en cadros, coma un gran taboleiro de xadrez, no que a protagonista xogou unha partida seguida das instrucións da raíña. Alicia no camiño encontrouse a Tuideldum e Tuideldí, os cales lle pediu axuda para encontrar un camiño.
Alicia recoñece indubidablemente a Roncho Rechoncho, ao que ela lle contou algúns poemas e o significado destes.
Posteriormente, na fraga, puido ver como pasaban 207 soldados. O mensaxeiro deixou claro o motivo daquela revolta, o león e o unicornio pelexaban pola coroa.
Alicia estaba xogando o xadrez, a súa ficha era un peón, e chegou o octavo cadro, ou sexa, a última fila, entón o peón pódese converter na peza que desexe, e ela converteuse en raíña. No xogo come a raíña Vermella.
O Rei vermello de súpeto esperta do seu soño, polo que tiña razón cando dicía que Alicia só formaba parte do seu soño cando durante a historia tivo unha conversa con el. Como consecuencia, Alicia espertou e deuse de conta que estaba sacudindo ao gato.
A protagonista reflexiona e a súa conclusión é a seguinte: O Rei Vermello formou parte do seu soño, pero ela tamén formou parte do seu.
Personaxes [editar]
|
- Alicia: ten os ollos castaños e un pelo louro e largo. A súa idade é de sete anos e medio. É unha nena soñadora, vive moitas aventuras e é capaz de enfrontarse a todos os seus medos e de resolver as súas cuestións.
- Raiña Branca: ten un aspecto algo desastroso o comezo, pero tras o encontro con Alicia o seu aspecto cambia grazas a ela. A súa idade e un tanto estraña, 101 anos, 5 meses e 1 día.
- Roncho Rechoncho: semella un lindo ovo. A súa cara e grosa e o seu Nome significa a forma que posúe.
- Kitty: é a gata de Alicia. É moi travesa e pasa a maior parte do tempo ca protagonista.
- Mosquito: é un insecto do tamaño dunha galiña e mantén unha conversación con Alicia. É o personaxe que lle afirma a protagonista que está no mundo o revés e por iso hai cosas un tanto peculiares.
- Rei Vermello: é o personaxe que soña con Alicia, e viceversa.
- Tuideldum e Tuideldí: son dous homiños bochechudos. O primeiro ten unha pequena manía, xa que sempre di a palabra negunhamente nas súas conversas.
- Ilustracións dos personaxes feitas por John Tenniel
Notas [editar]
Tuideldum e Tuideldí son, como Roncho Rechoncho ou o león e o unicornio, personaxes nomeados en cancións infantís tradicionais, ós que Carroll dá realidade imaxinativa.
Algúns dos nomes dos personaxes foron escollidos por ser familia de Lewis ou de Alicia.
O problema da realidade, afirma Bertrand Russell que era unha conversa moi interesante desde o punto de vista filosófico, pero se non fose polo humor resultaría dolorosa de máis para nós.