Alfonso Sucasas
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alfonso Sucasas Guerra, nado en Lalín en 1940 e finado en Vila de Cruces o 26 de xuño de 2012, foi un pintor galego.
Traxectoria [editar]
Estudou na Escola de Artes e Oficios. Posteriormente continuou a súa formación en Madrid e viaxou a Venezuela e Brasil, onde residiu varios años. En 1978 regresou definitivamente a Galicia e desenvolveu a súa carreira como pintor, primeiro cunha pintura de carácter socio-político para centrarse posteriormente na interpretación do mundo rural galego, a través dunha pintura xestual e expresionista.