Alfonso Sánchez Izquierdo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alfonso Sánchez Izquierdo Nado en Sidi-Ifni (Marrocos) en 1949, é un xornalista galego. Director xeral da Compañía de Radio Televisión de Galicia.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Titulado en Ciencias da Información na Escuela de Periodismo de Madrid (1973), Licenciado en Dereito (1978) na Universidad Complutense de Madrid e titulado en Socioloxía polo Instituto León XIII. Comezou a súa carreira como xornalista como correspondente da Axencia EFE en Estados Unidos. En 1973 incorporouse, como redactor, ao xornal ourensán La Región, do que chegou a ser director, e ao cal se mantivo vinculado profesionalmente durante 35 anos. Ca expansión do Grupo La Región, ocupou tamén outros postos de responsabilidade. Así, foi conselleiro delegado do xornal Atlántico Diario de Vigo (1987), da Axencia Galega de Noticias (1990) e presidente e conselleiro delegado de Telemiño.

No ano 2005 foi galardoado co premio Diego Bernal, da Asociación de Xornalistas de Galicia.

En xullo de 2008, Sánchez Izquierdo deixou a dirección de La Región e foi substituído no cargo por Xosé Manuel Pastoriza. A partir dese momento, e ata que en maio de 2009 é nomeado Director Xeral da CRTVG, adicase a labores de investigación e innovación e a impartir docencia, como profesor asociado, na materia de Xestión da Empresa Informativa da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, tarefa que levaba a cabo dende 1998.

Dende o ano 2008 tamén deu aulas de Programación e Técnicas de Relacións Públicas na Universidade de Vigo e exerceu de socio conselleiro de Acioavia Wises, S.L.

Alfonso Sánchez Izquierdo é coautor dos libros Diálogo Social en Galicia (2008) e Vintacinco anos de autonomía de Galicia (2005). Tamén presidiu a comisión de medios de comunicación do Plan de normalización lingüística de Galicia.

En 2008 foi nomeado presidente da Asociación Galega de Xestión da Comunicación.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]