Alfonso Escámez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Afonso Escámez e López, nado en Águilas (Murcia), o 1 de xaneiro de 1916 e falecido en Madrid, o 16 de maio de 2010[1], marqués de Águilas, foi un banqueiro español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun vendedor de peixe, asistiu ao colexio Santo Tomás de Aquino. O prematuro falecemento do pai fíxolle comezar a traballar con 12 anos como porteiro na sucursal do Banco Internacional de Industria e Comercio. Tras a crise de 1929, a entidade reducir persoal e Escámez, con 13 anos, perdeu o seu primeiro traballo. Pero os seus xefes xa se fixaron nel e pronto lle volveron a contratar, xa como caixeiro. Logo da Guerra Civil, o Internacional foi absorbido polo Banco Central, a entidade da que Escámez nunca se desligaría e onde desenvolveu toda a súa carreira, ata alcanzar a presidencia en 1973, cadeira que ocupou ata 1993.

Logo da súa retirada foi tamén Presidente de Honra de CEPSA.

En 1977 foi designado senador polo rei de España Xoán Carlos I e ocupou unha cadeira no Senado ata as eleccións de 1979, ás que non se presentou. Durante a súa estadía na Cámara Alta vinculouse ao grupo de Senadores Independentes, todos eles de designación real, e situados na á máis conservadora do hemiciclo.

Galardóns[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]