Alexisonfire
| Alexisonfire | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | St. Catharines, |
| Período | 2001 - 2011 |
| Xénero(s) | post-hardcore, hardcore melódico |
| Selo(s) discográfico(s) | Distort Entertainment, Dine Alone Records, Vagrant Records, Sore Point Records |
| Membros | George Pettit Dallas Green Wade MacNeil Chris Steele Jordan Hastings |
| Antigos membros | Jesse Ingelevics |
| Web oficial | theonlybandever.com |
Alexisonfire foi unha banda de post-hardcore formada en St. Catharines, Ontario, Canadá durante o ano 2001. O nome da banda separado é "Alexis On Fire" (Alexis ardendo) e non "Alex Is On Fire" (Alex está ardendo). O grupo está composto por George Pettit (voces), Dallas Green (guitarra, piano, voces), Wade MacNeil (guitarra, voces), Chris Steele (baixo) e Jordan Hastings (batería).
Índice |
[editar] Historia
Alexisonfire son cinco amigos que decidiron formar unha banda a finais do ano 2001 despois da ruptura doutras tres bandas. Eles tocaron o seu primeiro concerto en Niagara Falls, Ontario, nese mesmo ano. O seu nome é unha especie de homenaxe a Alexis Fire, streaper e actriz estadounidense. Este feito causoulles problemas cando ela descubriu que estaban usando a súa páxina web como nome do grupo, e ameazou con demandalos. Porén, descubriron que o nome non estaba rexistrado, e a cousa non foi máis lonxe. A banda editou o seu primeiro EP, Math Sheet Demos, no 2002, que foi chamado así porque a portada do CD eran os deberes de matemáticas do antigo batería Jesse Ingelevics. A banda chamou a atención do enxeñeiro de son Greg Below e do xornalista de Montreal Mitch Joel. A parella estaba formando o selo Distort Entertainment por esa época, e casualmente andaban na procura de artistas.
O 9 de setembro do 2002 Alexisonfire foi editado. Aínda que tiñan un contrato de distribución coa EMI, o éxito do álbum foi, sobre todo, atribuído ao boca-a-boca. A banda preparouse para promocionar o traballo, atravesando Canadá dúas veces, e introducíndose nas escenas estadounidense e europea, tocando xunto con Billy Talent, GWAR, Juliana Theory, Godsmack e Glassjaw. O grupo comezou a tomalo máis como unha ocupación a tempo completo que como un entretemento. Finalmente, Alexisonfire chegaría a vender máis de 50.000 copias, sendo certificado como disco de ouro en Canadá.
Alexisonfire conseguiu a atención de varios grandes selos debido ao éxito do seu primeiro álbum. Porén, cando comezaron a pensar en faceren un segundo traballo, a banda sentiu que, por razóns artísticas, debían permanecer independentes, xa que así terían máis posibilidades de se desenvolveren e decidiren que dirección tomar. Eles seguiron con Distort Entertainment, e a pesar de teren un produtor famoso, gravaron o álbum con Julius Butty no seu estudio preto de Hamilton, Ontario.
Watch Out! foi editado o 29 de xuño do 2004, e foi un éxito decontado. O álbum estreouse no número 6 da Nielsen SoundScan Top 200, e foi ouro en Canadá en doce semanas. As boas críticas debéronse a que a banda se centrou máis nos 18 meses de xira, permitíndolles pulir ben os temas en comparación co primeiro álbum, no que estaban máis no aire.
O 22 de agosto do 2006 a banda editou o seu terceiro álbum, Crisis. O lanzamento coincidiu cunha festa onde a banda actuou nun barco en Londres. Para a promoción do mesmo, a banda saíu de xira por Canadá con Every Time I Die, Cancer Bats e Attack in Black. Unha vez rematada seguíulle outra xira polos Estados Unidos con Moneen, Cancer Bats e A Change of Pace.
Nese ano tamén recrutaron un segundo guitarrista, chamado Corbin Beard, que segue traballando con eles na actualidade.
[editar] Membros
- George Pettit: voz.
- Dallas Green: guitarra e voz.
- Wade MacNeil: guitarra e voz.
- Chris Steele: baixo.
- Jordan Hastings: batería.
[editar] Discografía
[editar] Álbums
- Alexisonfire - 2002 (Equal Vision Records)
- Watch Out! - 2004 (Equal Vision Records)
- Crisis - 2006 (Vagrant Records)
- Old Crows/Young Cardinals - 2009 (Vagrant Records)
[editar] EPs
- Math Sheet Demos - 2002
- Pink Heart Skull Sampler - 2002
- Brown Heart Skull Sampler - 2004
- The Switcheroo Series: Alexisonfire vs. Moneen - (Coa banda Moneen) 2005