Alepocephalus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alephocephalus é un xénero de peixes teleósteos mariños da orde dos osmeriformes, suborde dos arxentinoideos e superfamilia dos alepocefaloideos, que o tipo da familia dos alepocefálidos.[1][2]

O xénero comprende vinte especies distribuídas polas costas do leste do océano Atlántico, oeste do océano Índico e leste e oeste do océano Pacífico.[3]

Características[editar | editar a fonte]

Son pequenos peixes caracterizados por teren a cabeza sen escamas (ao que alude o seu nome científico), longas e numerosas fendeduras das galada, e a boca armada normalmente con dentes pequenos.[3]

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

O seu hábitat máis común son as augas profundas, por debaixo dos 1 000 m.[3]

As vinte especies que intregran o xénero distribúense polas costas do leste do océano Atlántico, oeste do océano Índico e leste e oeste do océano Pacífico.[3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1820 polo naturalista nizardo Antoine Risso,[1][2] na súa obra Ichthyologie de Nice ou Histoire naturelle des poissons du département des Alpes Maritimes. Ler en liña, editada en París por F. Schoell.

Porén, algúns autores atribúenlle a descrición a George Brown Goode e Tarleton Hoffman Bean, en 1879.[4]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome do xénero, Alepocephalus, Risso construíuno cos elementos do latín científico a-, -lep- e -cephalus, o primeiro calco da partícula negativa do grego antigo ἀ-, e o segundo e o terceiro tirados das raíces das voces gregas λεπίς lĕpís, "escama", e κεφαλή kephalḗ, "cabeza", unidas por un -o- epentético para facilitar a pronuncia, e ramatado o nome en -us, indicando nominativo masculino singular. Literalmente, "os [peixes] coa cabeza sen escamas"

Especies[editar | editar a fonte]

O xénero conta coas seguintes vinte especies válidas:[1][2][5][6]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Eschmeyer, W. N.; R. Fricke & R. van der Laan, eds. (2016): Catalog of Fishes: Genera, Species, References. (Ver en liña).
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World (Cuarta ed.). Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-4712-5031-7.
  • Van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N.; Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. (Eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0, pp. 357–374.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]