Albert Memmi
Albert Memmi (ألبرت ميمي en árabe), nado en Tunisia o 15 de decembro de 1920, é un escritor e ensaísta franco-tunesino
Índice |
Traxectoria [editar]
Nace en Tunes, principal cidade da Tunisia, entón colonia francesa, nunha familia de lingua materna árabe; fillo de François Memmi, artesán de orixe xudía italiana e de Marguerite Sarfati, unha xudía sefardita de ascendencia local. Albert Memmi formouse na escola francesa, primeiramente no Lycée Carnot de Tunes despois na Universidade de Alxer, onde estuda filosofía, e finalmente na Sorbona.
Paralelamente á súa obra literaria, traballou como ensinante no Lycée Carnot de Tunes (1953) e, tras viaxar a Francia despois da independencia tunesina, na "École pratique des hautes études", e na de "Hautes études commerciales" e na Universidade de Nanterre (1970). A pesar de apoiar ao movemento de liberación de Tunisia, non encontra o seu lugar no novo estado musulmán.
Memmi publica a súa primeira obra na que se perciben rasgos autobiograficos, "A Estatua de sal" en 1953 cun limiar de Albert Camus. O seu libro máis coñecido é unha obra teórica prologada por Jean Paul Sartre "Retrato do colonizado, precedido do retrato do colonizador" publicado en 1957 e que aparece, naquela altura, como un apoio aos movementos independentistas. Esta obra amosa como a relación entre colonizador e colonizado condiciona a ambos os dous. É coñecido tamén pola súa "Antoloxía das literaturas magrebinas" publicada en 1965 (tomo I) e 1969 (tomo II).
É membro do comité de apadriñamento da Coordinación francesa para a Década da cultura de paz e da non-violencia.
É membro do comité de honra da Asociación para o dereito de morrer na dignidade..
Obra [editar]
En francés [editar]
- La Statue de sel, Corréa, Paris, 1953
- Agar, Corréa, Paris, 1955
- Portrait du colonisé, précédé du portrait du colonisateur, Buchet/Chastel, Paris, 1957
- Portrait d'un juif, Gallimard, Paris, 1962
- Anthologie des écrivains maghrébins d'expression française, Présence africaine, Paris, 1964
- La Libération du juif, Payot, 1966
- L'Homme dominé, Gallimard, Paris, 1968
- Le Scorpion ou la confession imaginaire, Gallimard, Paris, 1969
- Juifs et Arabes, Gallimard, Paris, 1974
- Le Désert, ou la vie et les aventures de Jubaïr Ouali El-Mammi, Gallimard, Paris, 1977
- La Dépendance, esquisse pour un portrait du dépendant, Gallimard, Paris, 1979
- Le Mirliton du ciel, Lahabé, Paris, 1985
- Ce que je crois, Fasquelle, Paris, 1985
- Le Pharaon, Julliard, Paris, 1988
- L'Exercice du bonheur, Arléa, Paris, 1994
- Le Racisme, Gallimard, Paris, 1994
- Le Juif et l'Autre, Christian de Bartillat, Paris, 1996
- Le Buveur et l'amoureux - le prix de la dépendance, Arléa, Paris, 1998
- Le Nomade immobile, Arléa, Paris, 2000
- Dictionnaire critique à l'usage des incrédules, du Félin, Paris, 2002
- Portrait du décolonisé arabo-musulman et de quelques autres, Gallimard, Paris, 2004