Agulla colipinta
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Agulla.
| Agulla colipinta | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Limosa lapponica | ||||||||||||
A agulla colipinta (Limosa lapponica) é unha ave limícola.
Descrición [editar]
Os adultos miden 38 cm, teñen as patas azul grisallas e un moi longo peteiro virado cara arriba, a cola con bandas delgadas brancas e negras.
Bioloxía [editar]
Fan o seu niño no chan, poñen de 2 a 4 ovos incubándoos 21 días, é o macho o que permanece máis tempo chocándoos.
Distribución [editar]
O seu hábitat habitual é a tundra aberta, en zonas encharcadas e marismas próximas a bosques do Ártico (incluída Islandia) e Alasca. Migran no inverno cara Europa occidental, África, sur de Asia, Australia e Nova Celandia, ocasinalmente tamén aparecen nas costas occidentais de América do Norte.
En Galicia é unha ave de paso entre os meses de agosto a outubro, algunhas quedan na Illa de Ons.