Agulla colinegra
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa zooloxía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Agulla.
| Agulla colinegra | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Limosa limosa | ||||||||||||
A agulla colinegra (Limosa limosa) é unha ave grande limícola.
Os adultos teñen as patas azul grisallas e un longo peteiro. As plumas do peito son castañas, a cola negra cunha banda negra no remate, no verán as plumas do peito vólvense grisallas. Miden 41 cm (un pouco máis grande cá Agulla colipinta, á que se asemella). Aniña no chan en pradairas húmidas e en illós de Europa e Asia, poñen de 3 a 6 ovos. Emigran en bandas a Europa, sur de Asia, África e Australia. Aliméntanse de insectos, crustáceos e plantas acuáticas.
En Galicia podemos velas a fins de agosto, permanecendo ata a primavera, abondosas na enseada do Vao, O Grove e no esteiro do Miño.