Asedio da fortaleza de Hondarribia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asedio de Hondarribia

O asedio da fortaleza de Hondarribia tivo lugar cando o exército franco-navarro tomouna no terceiro intento de reconquistar o Reino de Navarra tras a súa invasión en 1512.

Historia[editar | editar a fonte]

A Hondarribia do século XVI abarcaba a maior parte do termo municipal da actual cidade de Irún, partes de Hendaia e Behobia. A vila e fortaleza estaban situadas nun alto rodeadas de murallas, monte e mar na desembocadura do río Bidasoa.

A súa situación fronteiriza e as súas características orográficas fixeron que tanto Carlos I o Emperador como o monarca francés Francisco I ambicionasen a súa posesión. Por iso, ambas as Coroas designaron comisarios para dilucidar os problemas de límites das augas nos conflitos das vilas de Hondarribia e Hendaia, algo que ata entón se solucionou por concertación, convenio ou facería.

En 1512, realizouse a primeira contraofensiva para recuperar o reino de Navarra tras a súa invasión por parte das Coroas de Castela e Aragón, na que o mariscal Pedro de Navarra con 2.000 homes dentro do continxente de Lautrec e Borbón foron freados por Luís da Cova. Para impedir outra invasión, procedeuse á fortificación, ordenándose en novembro dese ano a construción dun castelo en Behobia, que reforzaba a eficacia do forte de Hondarribia.

A partir de 1517 definiuse por lei os dereitos territoriais da zona por parte dos dous reinos, o de España e o de Francia, quedando os naturais divididos.

A toma polos franco-navarros[editar | editar a fonte]

A comezos de outubro de 1521 tomouse o castelo de Behobia, por parte das tropas de Bonnivet, sen que apenas se producisen baixas, xa que apenas se opuxo resistencia. Cercando seguidamente a fortaleza de Hondarribia o día 6 de outubro, tomándoa doce días despois, tras tres asaltos por voluntarios navarros e gascóns, entre os que se produciron preto de mil baixas. Diego de Beira, alcaide da praza, rendeuse o 18 de outubro.

Bonnivent estableceu unha guarnición con 3.000 gascóns e navarros ás ordes de Jacques D'Aillon, señor de Luda, que quedou como alcalde da praza "en nome do rei de Navarra".

Carlos I solicitou a arbitraxe do rei Henrique VIII de Inglaterra para que interviñese ante Francisco I e requiríselle esta praza. O coñecemento destas conversacións por parte dos navarros foi decisivo para a substitución da guarnición meses máis tarde.

O asedio da fortaleza[editar | editar a fonte]

Beltrán da Cova foi designado, en maio de 1522, novo Capitán xeneral de Guipúscoa, que cun aumento de tropas significativo procedentes de distintos lugares, entre 3.000 e 4.000 lanskenetes alemáns, e soldados recrutados en Castela, Navarra, Aragón, Biscaia, A Rioxa e Áraba.

Ante as dificultades para defender o castelo de Behobia, o exército navarro decidiu abandonalo. Realizouse a retirada de forma correcta levándose os canóns, armas e vituallas. Posteriormente dispuxéronse distintas cargas explosivas para destruír as súas murallas, pero as súas mechas foron apagadas polas tropas castelás ao mando do capitán Ochoa Sanz de Asua e que tomaron o castelo.

Dous días despois produciuse a batalla do monte Aldabe ou de San Marcial.

En xullo de 1522, decidiuse render a fortaleza por fame. Tras dez meses sen ser abastecida, comezaron a producirse mortes pola fame. Acudiron tropas francesas e navarras que, tras cruzar o Bidasoa, fixeron fuxir aos soldados españois, podendo abastecer a praza e renovar a gornición. Por esta razón foi destituído Beltrán da Cova, que foi substituído por Íñigo de Velasco.

O control naval da fortaleza permitiu que o abastecemento se puidese manter. Durante todo o asedio ondeou na fortaleza a bandeira vermella de Navarra, a pesar de que os franceses intentaron impor a súa.

No inverno de 1523-1524 organizouse unha grande ofensiva por parte do emperador Carlos I contra Francisco I, coa intención de ocupar Tolosa, a Baixa Navarra, Baiona e Hondarribia. Esta campaña fracasou tras 24 días coa perda dunha cuarta parte do exército por causa de desercións e enfermidades. Estas tropas se reagruparon e pasaron a engrosar o groso do exército que cercaba Hondarribia.

O 2 de febreiro iniciouse o bombardeo da fortaleza e comezaron as negociacións para a rendición. O 27 de febreiro os franceses abandonaron a fortaleza, quedando nela unicamente os navarros, sendo o máis sinalado Pedro de Navarra, fillo do mariscal Pedro de Navarra que resultara morto en estrañas circunstancias, presumiblemente asasinado, na prisión de Simancas en 1522.

O 29 de febreiro de 1524 outorgouse o perdón aos navarros encerrados, coa condición de que no prazo de dous meses entregásense e outorgasen xuramento e fidelidade a Carlos I. A praza entregouse o 29 de abril.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Esarte, Pedro, Navarra, 1512-1530, 2001, publicación : Pamplona: Pamiela, ISBN 84-7681-340-6