Agadir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Agadir - اكادير")
Agadir
Agadir
Situación xeográfica
País
'
Xeografía
Altitude msnm
Poboación
Poboación
Información
Código postal
Alcalde
Páxina web

Agadir (do berber: "graneiro fortificado") é unha cidade no suroeste de Marrocos, a carón do océano Atlántico. O nome da cidade vén dunha palabra bérber que significa cornixa. No ano 2003 tiña 720.000 habitantes. É o centro turístico e comercial dunha rexión rica en cobalto, manganeso e cinc. Conta con porto e co aeroporto de Al Massira.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi fundada por portugueses en 1513, quedou baixo control marroquino en 1541, despois dun sitio de máis de seis meses, nominalmente baixo o Imperio Otomán, constituíu unha vila aberta aos occidentais.

En 1911 a chegada dun canoneiro alemán ao porto provocou a denominada crise de Agadir entre Francia e Alemaña.

Agadir foi case totalmente destruída por un terremoto o 29 de febreiro de 1960, morrendo máis de 15.000 persoas. Foi reconstruída a 2 km ao sur da antiga cidade, nun estilo arquitectónico europeo mesturado co tradicional árabe marroquino.