Aeroporto Internacional de Kabul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kabul Airport Aerial.jpg

O Aeroporto Internacional de Kabul, con código IATA: KBL e código OACI: OAKB, localizado a 16 quilómetros do centro de Kabul, é o aeroporto máis importante de Afganistán.

[editar] Historia e características

Foi construído a comezos da década dos 60. Debido ás sancións internacionais impostas ao réxime talibán, o aeroporto foi pechado a finais dos anos 90, acabando cos poucos voos internacionais que tiña. Tras os ataques do 11 de setembro de 2001 e a Guerra de Afganistán, o aeroporto foi reaberto baixo supervisión estadounidense. Ao comezo só foi utilizado polas Forzas Armadas dos Estados Unidos, a ISAF e a forza de pacificación da OTAN. Tras a suspensión das sancións impostas pola ONU, o aeroporto retomou operacións con voos civís. O exército dos Estados Unidos e forzas da ISAF dirixen o aeroporto e proporcionan seguridade xunto ao exército afgán.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas