Aden Abdullah Osman Daar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aden Abdullah Osman Daar
Aden Abdullah Osman Daar.JPG
Aden Abdullah Osman Daar
{{{cargoexecutivo1}}}
Período: {{{periodo1}}}
Antecesor: {{{antecesor1}}}
Sucesor: {{{sucesor1}}}
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 1908
Lugar: Flag of Somalia.svg Beledweyne, Hiiraan Region, Somalia
Falecemento: {{{datafalecemento}}}
Lugar: {{{cidadefalecemento}}}, {{{paisfalecemento}}}
Organización: {{{partido}}}
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: {{{cónxuxe}}}
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): Primeiro Presidente de Somalia
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: Político
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

Aden Abdullah Osman Daar (Aaden Cabdulle Cusmaan Daar) (nado en 1908, morto o 8 de xuño de 2007) foi o primeiro Presidente de Somalia após súa independencia en 1960.

Biografía[editar | editar a fonte]

Aden Abdullah Osman naceu en Beledweyne, na rexión de Hiiraan. Após seren educado nas State Schools, adquiriu experiencia administrativa nas oficinas do Goberno, e máis tarde, adicouse ós seus propios negocios. En febrero de 1944, uniuse ó Somali Youth Club, que despois mudaría o seu nome polo de Somali Youth League), convertíndose en membro da xunta directiva do partido e sendo nomeado en 1946 Secretario da sección Belet Weyne. É membro da tribo Hawiye.

En 1951, o Consello Rexional de Mudug o designou para o Consello Territorial no que serviu ininterrompidamente até febrero de 1956 como reprensentante da SYL.

En 1953 foi nomeado Vicepresidente do Consello Territorial. En 1954 convertiuse en Presidente da SYL, sendo reelixido en maio do 58, e ocupando simultaneamente ese posto co de Presidente da Asemblea Lexislativa até o 1 de xullo de 1960.

En 1956, cando o Consello Territorial foi substituído pola Asemblea Lexislativa, foi elixido membro da Asemblea Nacional polo Distrito de Belet Wayne nas elecciónse xeráis, e ó mesmo tempo a Asemblea Lexislativa nomeábao como o seu Presidente.

Nas eleccións xeráis de 1959, foi elixido de novo como Presidente da Asemblea Nacional, mantendo ese posto cando a Asemblea Lexislativa foi convertida na Asemblea Constituínte.

Como Presidente da Asemblea Constituínte, o 1 de xullo de 1960 proclamou a independencia da República de Somalia]] e a unificación dos territorios do norte e do sur - as antigas Somalilandia Británica e Somalilandia Italiana. A Asemblea Nacional elixiuno como Presidente Interino da República por período dun ano, sendo reelixido ó ano seguinte por 6 anos.

Aden Abdullah Osman interesouse polos estudos legais, sociais e económicos. Ademais de somalí, falaba italiano, inglés e árabe. Nas presidenciais de 1967 perdeu contra Abdirashid Ali Shermarke. O seu tempo como presidente rematou o 10 de xuño de 1967.

De acordo coa Constitución da República, o Presidente salinte goza de posto vitalicio na Asemblea Nacional somalí. Osman Daar actou como antigo home de estado nos intentos de establacer unha paz duradeira en Somalia.[1] É actualmente o ex-Xefe de Estado que aínda vive do mundo.

Morreu o 8 de xuño de 2007 en Nairobi, sendo oficiado un funeral de estado na súa honra.

Notas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Inaugural
Presidente de Somalia
19601967
Sucesor:
Abdirashid Ali Shermarke