Adelaida (antroponimia)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Adelaida é un nome galego de muller que tamén admite as variantes Adelaira e Delaira. Procede do antigo alemán adal e held que significa de condición nobre. Levaban ese nome 793 residentes en Galicia en 2010 [1].

A súa festa celébrase o 16 de decembro.

Baila, Manoeliño,/ Manoel, baila,/ baila, Manoeliño,/ con Adelaira.[2]

Adela é unha reducida de Adelaida/Adelaira, creada tamén sobre a raíz xermánica athala- ‘nobre’[3].

Noutras linguas[editar | editar a fonte]

Adelaida é tamén o nome en castelán, catalán, húngaro, romanés, checo.

Personaxes célebres[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "IGE". Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2019. Consultado o 12 de decembro de 2018. 
  2. BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 164.
  3. "Ímoslle chamar da [[Xunta de Galicia]] a tevés de Lingua.gal" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 14 de setembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]