Ada (nome)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ada.
Ada é un antropónimo feminino galego. Deriva do hebreo עָדָה (Adah: adorno ou beleza) que é o nome de dúas mulleres que aparecen no Antigo Testamento. Tamén é o hipocorístico de Adelaida.
Personalidades [editar]
- Ada Augusta Lovelace, matemática británica (1815 - 1852);
- Ada Negri, poetisa italiana (1870 - 1945);
- Ada de Warenne, nobre anglonormanda (1120 - 1178);