Acueduto da Carioca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os Arcos da Lapa.

O Acueduto da Carioca, popularmente coñecido como os Arcos da Lapa, localízase no barrio da Lapa, na cidade de Río de Xaneiro, no Brasil. Considerada como a obra arquitectónica de maior porte emprendida no Brasil durante o período colonial, é hoxe unha das principais postais da cidade, símbolo máis representativo do Río Antigo preservado no barrio bohemio da Lapa.

Historia[editar | editar a fonte]

Vista do Acueduto da Carioca (Leandro Joaquim, c. 1790). A lagoa, en primeiro plano, foi aterrada para a construción do Passeio Público. O edifício no alto do morro é o Convento de Santa Teresa.
Acueduto da Carioca, Río de Xaneiro, Brasil (Marc Ferrez, 1896).

Os primeiros estudos para traer as augas do río Carioca para a cidade remontan a 1602, por determinación do entón gobernador da Capitanía de Río de Xaneiro, Martim Correia de Sá (1602-1608). En 1624, un contrato para a construción do primitivo conduto foi firmado con Domingos da Rocha, que non chegou a iniciar os traballos. En 1660 a penas 600 brazas de canos estaban asentadas, tendo as obras recibido impulso en 1706, co goberno de D. Fernando Martins Mascarenhas Lancastro (1705-1709).

En 1718, co goberno de Antônio de Brito Freire de Menezes (1717-1719), inicíaronse as obras de instalación dos canos de auga a través da antiga Rúa dos Barbonos (actual Rúa Evaristo da Veiga). Co goberno de Aires de Saldanha de Albuquerque Coutinho Matos e Noronha (1719-1725), en 1720 o encanamento alcanzaba o Campo da Ajuda (actual Cinelândia), aínda nos arrabaldes da cidade na época. Foi este gobernador quen, alterando o proxecto orixinal, defendeu a vantaxe de prolongar a obra até ao Campo de Santo Antônio (actual Largo da Carioca), optando polos chamados Arcos Velhos – un acueduto unindo o morro do Desterro (actual morro de Santa Teresa) ao morro de Santo Antônio, inspirado no Acueduto das Águas Livres, que entón comezaba a se erguer en Lisboa. A obra estaba concluída en 1723, levando as aguas á Fonte da Carioca, chafariz erguido tamén nese ano, que as distribuía á poboación no referido Campo de Santo Antônio.

A solución foi paliativa, en 1727 rexistrábanse reclamacións de falta de auga, atribuíndolle a culpa aos quilombolas (escravos fuxitivos, que vivían ocultos nas matas) pola quebra dos canos. Máis tarde, o goberno pedíu contas ao encargado da conservación da obra o cal se evadiu do seu deber. Foron estabelecidas penas para os actos de vandalismo contra a obra.

O gobernador Gomes Freire de Andrade (1733-1763) determinou, en 1744, a reconstrución do Acueduto da Carioca, con pedra do país, ante o elevado custo da cantaría vida do reino. Coa autoría atribuída ao brigadeiro José Fernandes Pinto Alpoim, recibiu a actual conformación, en arcaría de pedra e cal. A Carta Rexia de 2 de maio de 1747 determinou que as augas fosen cubertas por bóvedas de ladrillos, para evitar o seu desvío mal intencionado.

Inaugurado en 1750, as augas brotáronse aos pés do Convento de Santo Antônio, nun chafariz de mármore, a través de 16 bicas de bronce. Máis tarde esa auga foi estendida, a través da Rúa do Cano (actual Rúa Sete de Setembro), até ao Largo do Paço (actual Praza Quinze de Novembro), onde os navíos se viñan abastecer.

Na segunda metade do século XIX, durante o Imperio e, posteriormente, diante do advento da República, novas alternativas para o abastecemento de auga aos moradores da cidade do Río de Xaneiro foron sendo utilizadas. O acueduto, a partir de 1896, pasou a ser utilizado como viaduto para os novos tranvías da Companhia de Carris Urbanos, principal medio de acceso do centro aos altos do barrio de Santa Teresa, até os días de hoxe.

Conservados polo poder público, nos nosos días, os antigos arcos coloniais serven de pano de fondo para diversos eventos, como as festividades da Semana Santa e o tradicional Auto de Nadal da cidade.

Características[editar | editar a fonte]

Panorama do acueduto da Carioca.

A estrutura, en pedra argamasada, presentaba orixinalmente 270 metros de lonxitude por 17,6 metros de alto. En estilo románico, caiada, posúe 42 arcos duplos e óculos na parte superior. Na súa construción foi empregada man de obra de escravos indíxenas e africanos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]