Active Cavity Radiometer Irradiance Monitor Satellite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Active Cavity Radiometer Irradiance Monitor Satellite (ACRIMSAT)
ACRIMSat ohne Hintergrund.gif
ACRIMSAT
Tipo Observatorio solar
Organización NASA
Contratistas principais Orbital Sciences Corporation[1]
Satélite de Terra
Data de lanzamento 21 de decembro de 1999[2][3][4][5]
Foguete portador Taurus[3][1]
Sitio de lanzamento Base Vandenberg da Forza Aérea[3]
Obxectivo da misión Medición da radiación solar.[3]
NSSDC ID 1999-070B
Masa 120 kg[1]
Dimensións 77,5 cm de ancho (178 cm cos paneis solares extendidos) e 66,0 cm de alto[6]
Potencia 80 vatios[6]
Semieixo maior 7069 km[2]
Inclinación 97,9 graos[2]
Apoapse 717,6 km[2]
Periapse 678,5 km[2]

ACRIMSAT (acrónimo de Active Cavity Radiometer Irradiance Monitor Satellite) é un satélite artificial da NASA lanzado o 21 de decembro de 1999 mediante un foguete Taurus desde a base Vandenberg da Forza Aérea, en California, como carga secundaria xunto ó satélite Arirang-1.

Características[editar | editar a fonte]

ACRIMSAT forma parte do Sistema de Observación Terrestre (Earth Observing System) da NASA e está adicado á medición da variación irradiancia solar total.[3][1] A estrutura principal ten forma octogonal, cun ancho de 77,5 cm e un alto de 66,0 cm. Cos paneis solares extendidos a envergadura do satélite chega aos 178 cm. A potencia proporcionada polos paneis é de 80 vatios.[6]

ACRIMSAT mideu o efecto do paso de Venus fronte o Sol o 8 de xuño de 2004 na irradiancia solar.[7]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

ACRIMSAT usa como instrumento de medida o ACRIM-3, que mide a irradiancia cunha precisión mellor que o 0,1%. Os datos recollidos por ACRIM-3 extenden a medición da irradiancia feita polos instrumentos ACRIM-2 (a bordo do satélite UARS) e ACRIM-1 (a bordo do satélite Solar Maximum Mission en 1980).[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "ACRIMSat" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/acrimsat.htm. Consultado o 28 de xullo de 2011.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "ACRIMSAT" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=26033. Consultado o 28 de xullo de 2011.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "Acrimsat" (en inglés). 8 de xullo de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1999-070B. Consultado o 28 de xullo de 2011.
  4. "Note verbale dated 7 March 2000 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE: 14. 29 de marzo de 2000. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=379.
  5. "ACRIMSAT" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/craft/acrimsat.htm. Consultado o 3 de marzo de 2012.
  6. 6,0 6,1 6,2 "AcrimSat Launch" (en inglés) (PDF). NASA. decembro de 1999. pp. 21. http://www.jpl.nasa.gov/news/press_kits/acrimsat.pdf. Consultado o 2 de marzo de 2012.
  7. "The Effect of the Transit of Venus on ACRIM's Total Solar Irradiance Measurements" (en inglés). 2005. http://acrim.com/Venus%20Transit.htm. Consultado o 29 de xullo de 2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Active Cavity Radiometer Irradiance Monitor Satellite

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]