Aceite de millo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Garrafa de cinco litros de aceite de semente de millo.

O aceite de millo, ou de maínzo, é un aceite vexetal de cor amarela clara, con olor e sabor suave, extraído a partir da prensa de grans de millo.

Propiedades[editar | editar a fonte]

Por ser rico en poliinsaturados omega 6, o aceite de millo é máis saudábel que o aceite de soia podendo, nunha dieta equilibrada, auxiliar no combate ao colesterol sanguíneo[1]. Con todo, debe ser consumido con moderación, pois como todo aceite vexetal, é moi rico en calorías[2].

A porcentaxe de aceite dun gran de millo oscila entre o 3,1 e o 5,7% do peso do mesmo e o 83% dese contido graxo sitúase no xerme. Este sepárase do resto do gran na primeira etapa do proceso de moedura húmida, obténdose deste xeito a materia prima para a recuperación do aceite.

Para aproveitar ao cen por cento as súas propiedades nutricionais debe ser un aceite obtido por presión en frío do xerme de millo fresco.

O aceite de millo refinado ten moito éxito xa que ten unha gran resistencia ao enranciamento e potencia o sabor dos alimentos.

A súa riqueza en vitamina E faino por unha banda moi estable e doutra banda contribúe a que sexa ideal para previr enfermidades circulatorias, vasculares ou enfermidades neurolóxicas e esterilidade. Non contén cantidades significativas de proteínas, carbohidratos nin fibra alimentaria.

Utilización[editar | editar a fonte]

Para fritir alimentos en hostalería e no fogar, para a elaboración de margarina, maionesa, na industria da panificación, consomés e sempre que se queira substituír a graxa animal.

Información nutricional do aceite de millo sen refinar[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Oleo de Milho". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2014. Consultado o 18 de maio de 2014. 
  2. "Valor Nutricional". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2014. Consultado o 18 de maio de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]