Abdilatif Abdalla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Abdilatif Abdalla (Mombasa 1946), é un escritor e político kenyano.

Foi concelleiro de Mombasa e logo de publicar un folleto crítico co goberno foi acusado de sedición e estivo na cadea entre 1969 e 1972, posteriormente traballou na Universidade de Dar er Salaam (Tanzania) (1972-1979) e colaborou na redacción do dicionario de suahili, Kamusi ya Sisuahili Sanifu. Traballou no servizo en suahili da BBC (1979-1985), foi profesor de suahili en Londres e actualmente éo en Leipzig.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Utenzi wa maisha ya Adamu na Hawaa (A vida de Adán e Eva) (1971), poesía
  • Sauti ya Dhiki (A voz da agonía) (1973), escolma de poesía escrita na cadea

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]