Abakán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo de Abakán

Abakán[1] (Абакан), cidade de Rusia (159.500 habitantes en 2004) capital da provincia autónoma de Khakas en Siberia, na confluencia do río Abakán e o Ienisei.
Ata 1925 denominada Abakansk ou Ust-Abakanskoye e entre 1925 e 1931 Khakassk.
De 1675 datan as primeiras construcións do que sería a cidade, pero o desenvolvemento da cidade débese ao forte construído por Pedro o Grande no ano 1707.
Preto da cidade está o Túmulo de Li Kitai, nos que aparecen estatuas de homes de gran altura cubertos por xeroglíficos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A Enciclopedia Galega Universal utiliza a forma Abakán mentres a Diciopedia do século 21 emprega Abakan

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abakán

Web da cidade, en ruso