Abadía territorial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O escudo heráldico dun abade territorial distínguese por un galero en sinople cunha ducia de borlas e un báculo pastoral en ouro cun veo.

Unha abadía territorial é un tipo de igrexa particular local, equivalente a unha diocese, na organización da Igrexa Católica Romana, segundo expresa o Código de Dereito Canónico:

370 A prelatura territorial ou a abadía territorial é unha determinada parte do pobo de Deus, delimitada territorialmente, cuxa atención encoméndase, por especiais circunstancias, a un Prelado ou Abade, que a rixe como o seu pastor propio, do mesmo modo que un Bispo diocesán.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Polo xeral un abade é o superior dunha abadía (un mosteiro), e exerce a súa autoridade sobre unha familia de monxes e dita autoridade circunscríbese a eles e ao mosteiro. Un abade territorial, chamado en latín abade nullius diœceseos (non pertencente a ningunha diocese), exerce tamén como o ordinario dos fieis católicos e parroquias dun territorio definido arredor do mosteiro, do mesmo xeito que fai un bispo na súa diocese.

A práctica xurdiu porque nas abadías atendíanse as necesidades espirituais dos católicos que vivían preto do mosteiro. A capela do mesmo tamén era empregada como lugar de culto polos laicos que residían nas proximidades, e os monxes tamén ocupábanse de atender parroquias cercanas ao mosteiro. O abade do mosteiro, malia recibir tan só o presbiterado no sacramento do orde, era investido coa mesma autoridade canónica que un bispo diocesano.

Coa excepción da ordenación de sacerdotes, o abade territorial pode exercer as mesmas funcións que un bispo de cara aos fieis ao seu cargo, incluíndo a incardinación (pór baixo a súa xurisdición) de clero secular. O abade territorial tamén ten o dereito de empregar o escudo heráldico episcopal e de empregar a mitra, o báculo pastoral, o anel e a cruz pectoral.

Aínda que os abades territorias son elixidos pola propia comunidade monacal, tan só poden ser instalados co permiso do papa, do mesmo xeito que un bispo non pode ser consagrado e instalado nunha diocese sen dito permiso.

Logo do Concilio Vaticano Segundo, púxose máis énfase na natureza única do episcopado e na organización tradicional da Igrexa en dioceses dirixidas por bispos. As abadías territoriais, xa que logo, teñen perdido terreo fronte ás dioceses, e en moitos casos o seu territorio ten sido incorporado a estas.

Lista de abadías territoriais actuais[editar | editar a fonte]

A día de hoxe restan 11 abadías territoriais, listadas no Annuario Pontificio da Santa Sé:

Todas elas, coa excepción de Santa María de Grottaferrata, son parte da organización territorial da Igrexa Católica Latina. A de Santa Maria de Grottaferrata pertence á Igrexa Católica Italo-albanesa.

Antigas abadías territoriais[editar | editar a fonte]

En Italia, as seguintes abadías teñen sido unidas cunha diocese:

Notas e referencias[editar | editar a fonte]

  1. 370 La prelatura territorial o la abadía territorial es una determinada porción del pueblo de Dios, delimitada territorialmente, cuya atención se encomienda por especiales circunstancias, a un Prelado o a un Abad, que la rige como su pastor propio, del mismo modo que un Obispo diocesano., Código de Derecho Canónico, canon 370, (en castelán).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]