Abadía territorial de Santa María de Grottaferrata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAbadía territorial de Santa María de Grottaferrata
Imaxe

Localización
Mapa
 41°47′08″N 12°40′00″L / 41.785585, 12.666593Coordenadas: 41°47′08″N 12°40′00″L / 41.785585, 12.666593
EstadoItalia
RexiónLazio
Cidades metropolitanasCidade metropolitana de Roma Capital
ComunasGrottaferrata (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación6 (2019) Editar o valor em Wikidata (6 hab./km²)
Lingua usadalingua grega Editar o valor em Wikidata
Relixióncatolicismo Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie1 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación26 de setembro de 1937 Editar o valor em Wikidata
CatedralCathedral of Grottaferrata (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal00046 Editar o valor em Wikidata
Ben cultural de Italia

A abadía territorial de Santa María de Grottaferrata (en latín: abbatia territorialis Batae Mariae Cryptaeferratae), coñecida tamén co nome de Abadía de San Nilo (dedicada a Nilo de Rossano),[1] é a única abadía territorial da Igrexa católica italo-albanesa, tratándose dunha sé eclesiástica inmediatamente suxeita á Santa Sé e pertencente á rexión eclesiástica do Lacio. Actualmente a sé está vacante, dende a renuncia do arquimandrita Emiliano Fabbricatore, sendo o administrador apostólico o bispo de Albano, Marcello Semeraro.

Historia[editar | editar a fonte]

A abadía foi fundada en 1004 polo santo ao que está dedicada, cincuenta anos antes do Gran Cisma entre a Igrexa católica e a Igrexa ortodoxa. O abade Nilo, nado na Calabria bizantina e, xa que logo, de orixe e rito bizantino, decidiu fundar un mosteiro nos outeiros de Tuscolo, sobre unhas ruínas romanas, onde supostamente se lle aparecera a Virxe María. Porén, a abadía non foi completada na vida de Nilo, morto ao ano seguinte de chegar a Grottaferrata. Os traballos foron rematados baixo a dirección de Bertomeu o novo, cofundador da abadía.

Os primeiros arquimandritas logo de san Nilo foron Paulo, Cirilo e Bertomeu o novo:[2][3] baixo a súa guía a abadía medrou en posesións e riquezas, e ao pouco tempo dependían dela unha vintena de igrexas sucursais por toda a Italia centro-meridional.[2] Poucos anos logo da súa fundación o mosteiro contaba con arredor de 200 monxes basilianos e as continuas doazóns levaron a que o arquimandrita controlase vastos territorios no Lacio e no sur de Italia: o feudo Rofrano en Campania, na diocese de Policastro e da Conca della Campania na diocese de Caserta, e os castelos de Castel de' Paolis na diocese suburbicaria de Albano e de Borghetto di Grottaferrata na diocese suburbicaria de Frascati, así como outras posesións nas dioceses de Cosenza, Capaccio, Albano, Velletri e Venosa.[2] A abadía obtivo tamén de moitos papas o recoñecemento da súa independencia respecto do cardeal bispo da diocese suburbicaria de Frascati.[2]

O ano 1937 foi de grande importancia para a abadía, xa que o papa Pío XI, coa bula Pervetustum Cryptae-Ferratae Coenobium do 16 de setembro, elevouna a mosteiro exárquico, baixo a autoridade directa da Santa Sé.[4]

Lista de arquimandritas[editar | editar a fonte]

Notas e referencias[editar | editar a fonte]

  1. "Origini dell'abbazia su abbaziagreca.it". Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2020. Consultado o 11 de agosto de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Moroni, Gaetano (1845). Tipografia Emiliana, ed. Dizionario di erudizione storico-ecclesiastica da s. Pietro sino ai nostri giorni specialmente intorno ai principali santi. pp. 50–51. 
  3. Devoti, Luigi (1999). Itinerari nella campagna romana: Cryptaferrata - Grottaferrata; archeologia, storia, storie, arte (en italiano). pp. 83–84. 
  4. Murzaku, Ines Angjeli (2009). Analekta Kryptoferris, ed. Returning Home to Rome: The Basilian Monks of Grottaferrata in Albania. p. 174. ISBN 9788889345047. 
  5. Grottaferrata: l'Archimandrita dell'Abbazia, Padre Emiliano Fabbricatore, rinuncia all'incarico, ilmamilio.it, 4 de novembro de 2013 (en italiano)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • MURZAKU, Ines Angjeli (2009). Returning Home to Rome: The Basilian Monks of Grottaferrata in Albania. Analekta Kryptoferris. ISBN 9788889345047. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]