A Internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Internacional (L'Internationale en francés) é a máis famosa canción socialista, adoptada tamén polos anarquistas e comunistas, unha das cancións máis coñecidas internacionalmente, ademais do himno dos traballadores de todo o mundo. Letra orixinal de Eugène Pottier en 1871 e música de Pierre Degeyter en 1888.

Historia[editar | editar a fonte]

A letra orixinal foi escrita en francés por Eugène Pottier en 1871, durante a represión contra Comuna de París. A Internacional era dedicada ao anarquista Gustave Lefrançais, personalidade da Comuna de París.

Foi publicada dentro da obra Pottier Cantos Revolucionarios. Pierre Degeyter púxolle música en 1888 (orixinalmente cantábase coa música de La Marseillaise). A Internacional traduciuse en numerosas linguas e o texto evolucionou no transcurso do tempo e das organizacións que o adoptaron. Por exemplo a miúdo a palabra "rei" substituíuse pola palabra "estado".

Tras a Revolución Rusa e ata que a Unión Soviética adoptou o seu propio himno en 1944, unha versiòn adaptada da Internacional serviu como himno da URSS.

Dende a metade do século XX segue a ser o himno da maioría dos partidos comunistas, de certas organizacións revoluciónarias. Cántase en certas manifestacións reivindicativas alzando o puño e é o símbolo das loitas sociais.

Letra[editar | editar a fonte]

En pé os escravos da terra,
en pé os que non teñen pan;
a nosa razón forte berra,
o triunfo chega en volcán.
Crebemos o xugo do pasado,
pobo de servos, ergue xa,
que o mundo vai ser transformado
e unha orde nova vai reinar.
Xuntémonos todos,
é a loita final,
o xénero humano
forma a Internacional.
Xuntémonos todos,
é a loita final,
o xénero humano
forma a Internacional.
O día que o triunfo alcancemos,
nin escravos, nin donos haberá,
os odios que o mundo envelenan,
o punto se extinguirán.
Para que nos devolvan o roubado,
para derrubar esta prisión,
batamos no lume sagrado,
ferreiros dun mundo mellor.
Xuntémonos todos,
é a loita final,
o xénero humano
forma a Internacional.
Xuntémonos todos,
é a loita final,
o xénero humano
forma a Internacional.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Internacional
Galifontes
A Galifontes posúe escritos orixinais acerca de: A Internacional

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Eugène, Pottier; Obras reunidas, presentadas e anotadas por Pierre Brochon (1966). Œuvres complètes d'Eugène Pottier. Parìs: Éditions Maspero. ISBN. 
  • Maurice, Dommanget (1971). Eugène Pottier, membre de la Commune et chantre de l'Internationale. Paris: EDI. ISBN. 
  • Marc, Ferro (1996). L'Internationale. Paris: édition Noesis. ISBN. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]