Conversa:A Internacional

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Ola. Quería preguntar de onde sae esta versión da Internacional, porque non coincide nin coa versión orixinal francesa, nin tampouco coa española ou coa portuguesa.--Rosamf 12:35, 26 de agosto de 2010 (UTC)

A verdade é que eu tampouco sei de onde sae. Nalgures ten que estar este himno publicado en galego, e a páxina debería adaptarse a esa publicación. --Alberte Si, dígame? 16:26, 26 de agosto de 2010 (UTC)
Editeina e puxen a versión que empregan as organizacións comunistas galegas. Tamén a emprega Erguer - Estudantes da Galiza. Coegho (conversa) 9 de xullo de 2016 ás 22:14 (UTC)[responder]

Letra incorrecta[editar a fonte]

Por que non deixan de revertir os meus cambios? Estou 100% seguro de que esta estrofa está mal:


'O día que o triunfo alcancemos,

nin escravos, nin donos haberá,

os odios que o mundo envelenan,

o punto se extinguirán.'


A versión correcta, tal e como a cantan en todas as organizacións proletarias galegas, é esta:

'Non hai salvadores supremos

nen rei, nen tribuno nen deus.

Temos que salvarnos nós mesmos,

o povo traballador.'

--Coegho (conversa) 21 de agosto de 2016 ás 22:22 (UTC)[responder]

Para que se manteñan os cambios debes achegar referencias, Coegho debes consultar a páxina Wikipedia:Citar as fontes para ver como facelo. Se precisas axuda non dubides en contactar comigo na miña páxina de conversa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de agosto de 2016 ás 23:21 (UTC)[responder]
Vale, intentarei atopar algún documento no que apareza reflectida entón. Grazas pola resposta, e un saúdo. --Coegho (conversa) 27 de agosto de 2016 ás 16:29 (UTC)[responder]
Polo de pronto atopeina en Wikisource: A Internacional en galego
Tamén neste blogue da CIG: http://cigalcoacoruna.blogspot.com.es/2011/06/reduccion-ste-plantilla.html e neste pdf do Encontro Irmandiño: http://www.encontroirmandinho.org/pdf/DOSIER_ROLDA.pdf --Coegho (conversa) 27 de agosto de 2016 ás 16:40 (UTC)[responder]
Coegho acabo de cambiala engadindo a referencia, grazas pola túa busca de información. Como nota coméntoche que os outros artigos e páxinas dos proxectos wikimedia non son referencias válidas xa que non son fontes primarias, as referencias correctas son as que directamente mostran a información, engadirei esta referencia tamén á páxina de wikifontes. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de agosto de 2016 ás 23:03 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en A Internacional. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 21 de agosto de 2018 ás 20:38 (UTC)[responder]