17-Hidroxiproxesterona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «17-alfa-hidroxiproxesterona»)
17-Hidroxiproxesterona
Identificadores
Número CAS 68-96-2
PubChem 6238
ChemSpider 6002
UNII 21807M87J2
ChEBI CHEBI:17252
ChEMBL CHEMBL1062
Ligando IUPHAR 5104
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C21H30O3
Masa molecular 330,46 g/mol
Punto de fusión 219,5
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

A 17-hidroxiproxesterona (nome DCI xenérico hidroxiproxesterona, OHP[1][2][3]), tamén chamada 17α-hidroxiproxesterona (17α-OHP) e 17-OH proxesterona (17-OHP),[4] é unha hormona esteroide proxestáxena endóxena relacionada coa proxesterona.[1][2][3] É tamén un intermediario químico na biosíntese de moitos outros esteroides endóxenos, incluíndo andróxenos, estróxenos, glicocorticoides e mineralocorticoides, así como neuroesteroides.

Actividade biolóxica[editar | editar a fonte]

A 17α-OHP é un agonista do receptor da proxesterona (PR) similar á proxesterona, pero máis débil en comparación.[5] Ademais, é un antagonista do receptor de mineralocorticoides (MR)[6] así como un agonista parcial do receptor de glicocorticoides (GR), aínda que con moi baixa potencia (EC50 >100 veces menos en relación ao cortisol) neste último sitio, tamén de xeito similar á proxesterona.[5][7][8]

Afinidades relativas (%) da hidroxiproxesterona e esteroides relacionados
Composto hPR-A hPR-B rbPR rbGR rbER
Proxesterona 100 100 100 <1 <1
17α-Hidroxiproxesterona 1 1 3 1 <1
Hidroxiproxesterona caproato 26 30 28 4 <1
Hidroxiproxesterona acetato 38 46 115 3 ?
Notas: Os valores son porcentaxes (%). Os ligandos de referencia (100%) foron proxesterona para o PR, dexametasona para o GR e estradiol para o ER. Fontes: Ver modelo.

Bioquímica[editar | editar a fonte]

Esteroidoxénese, onde se mostra a 17α-OHP na parte central esquerda entre os pregnenos.

Biosíntese[editar | editar a fonte]

A 17α-OHP deriva da proxesterona por acción do encima 17α-hidroxilase (codificada por CYP17A1)[9]

Os niveis de 17α-OHP increméntanse no terceiro trimestre de embarazo debido primeiramente á produción adrenal fetal.[Cómpre referencia]

Este esteroide prodúcese principalmente nas glándulas adrenais e en certo grao nas gónadas, concretamente no corpo lúteo do ovario. Os niveis normais son 3-90 ng/dl en nenos e, en mulleres, 20-100 ng/dl antes da ovulación, e 100-500 ng/dl durante a fase lútea.[10][11]

Medida[editar | editar a fonte]

As medidas dos niveis de 17α-OHP son útiles na avaliación de pacientes con sospeitas de hiperplasia adrenal conxénita, xa que nela a deficiencia nos encimas típicos, concretamente a 21-hidroxilase e a 11β-hidroxilase, orixina unha acumulación de 17α-OHP. En contraste, os raros pacientes con deficiencia de 17α-hidroxilase teñen uns niveis moi baixos ou indetectables de 17α-OHP.[12] Os niveis de 17α-OHP poden tamén utilizarse para medir a contribución da actividade proxestacional do corpo lúteo durante o embarazo como proxesterona, pero a 17α-OHP tamén se produce na placenta.[Cómpre referencia]

Os inmunoensaios como o RIA (radioinmunoensaio) ou o IRMA (ensaio inmunorradiométrico) usados para determinar clinicamente a 17α-OHP teñen tendencia ás reaccións cruzadas cos precursores esteroides da 17α-OHP e os seus conxugados sulfatados. As cromatografías de gas ou líquida e a espectrometría de masas (por exemplo a LC-MS/MS) conseguen unha maior especificidade que os inmunoensaios.[13][14]

As medidas de 17α-OHP por LC-MS/MS mellora os cribados do neonato para a hiperplasia adrenal conxénita debido a deficiencia de 21-hidroxilase, porque os precursores esteroides da 17α-OHP e ao seus conxugados sulfatados que están presentes nos primeiros dous días despois do nacemento e máis tempo nos neonatos pretérmino, presentan reaccións cruzadas en inmunoensaios coa 17α-OHP, dando falsamente altos niveis de 17α-OHP.[13][14]

Farmacocinética[editar | editar a fonte]

Aínda que a 17α-OHP non se utilizou como medicamento, a súa farmacocinética foi estudada e revisada.[15]

Usos médicos[editar | editar a fonte]

Os ésteres da 17α-OHP, como a hidroxiproxesterona caproato e, en moita menor medida, a hidroxiproxesterona acetato e a hidroxiproxesterona heptanoato, utilizáronse en medicina como proxestinas.[1][2][3] Normalmente cando se fai referencia á "hidroxiproxesterona" no seu uso médico como medicamento, xeralmente se está facendo referencia ao seu derivado hidroxiproxesterona caproato.[Cómpre referencia]

Química[editar | editar a fonte]

A 17α-OHP, tamén chamada 17α-hidroxipregn-4-eno-3,20-diona, é un esteroide pregnano natural. Presenta un grupo cetona nas posicións C3 e C20, un grupo hidroxilo na poición C17α e un dobre enlace entre as posicións C4 e C5.[Cómpre referencia]

A 17α-OHP é o composto parental dunha clase de proxestinas denominada derivados da 17α-hidroxiproxesterona.[16][17][18] Entre outros, esta clase de fármacos inclúe os seguintes: clormadinona acetato, ciproterona acetto, hidroxiproxesterona caproato, medroxiproxesterona acetato e mexestrol acetato.[16][17][18]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 J. Elks (14 de novembro de 2014). The Dictionary of Drugs: Chemical Data: Chemical Data, Structures and Bibliographies. Springer. pp. 664–665. ISBN 978-1-4757-2085-3. 
  2. 2,0 2,1 2,2 I.K. Morton; Judith M. Hall (6 decembro de 2012). Concise Dictionary of Pharmacological Agents: Properties and Synonyms. Springer Science & Business Media. pp. 146–. ISBN 978-94-011-4439-1. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Index Nominum 2000: International Drug Directory. Taylor & Francis. xaneiro de 2000. pp. 532–. ISBN 978-3-88763-075-1. 
  4. "17-hydroxyprogesterone (17OHP)". 
  5. 5,0 5,1 Attardi BJ, Zeleznik A, Simhan H, Chiao JP, Mattison DR, Caritis SN (2007). "Comparison of progesterone and glucocorticoid receptor binding and stimulation of gene expression by progesterone, 17-alpha hydroxyprogesterone caproate, and related progestins". Am. J. Obstet. Gynecol. 197 (6): 599.e1–7. PMC 2278032. PMID 18060946. doi:10.1016/j.ajog.2007.05.024. 
  6. Mooij CF, Parajes S, Pijnenburg-Kleizen KJ, Arlt W, Krone N, Claahsen-van der Grinten HL (abril de 2015). "Influence of 17-Hydroxyprogesterone, Progesterone and Sex Steroids on Mineralocorticoid Receptor Transactivation in Congenital Adrenal Hyperplasia" (PDF). Horm Res Paediatr 83 (6): 414–421. PMID 25896481. doi:10.1159/000374112. 
  7. Pijnenburg-Kleizen KJ, Engels M, Mooij CF, Griffin A, Krone N, Span PN, van Herwaarden AE, Sweep FC, Claahsen-van der Grinten HL (2015). "Adrenal Steroid Metabolites Accumulating in Congenital Adrenal Hyperplasia lead to Transactivation of the Glucocorticoid Receptor". Endocrinology 156 (10): 3504–3510. PMID 26207344. doi:10.1210/en.2015-1087. 
  8. Sun, Kang; Lei, Kaiyu; Chen, Li; Georgiou, Ektoras X.; Sooranna, Suren R.; Khanjani, Shirin; Brosens, Jan J.; Bennett, Phillip R.; Johnson, Mark R. (2012). "Progesterone Acts via the Nuclear Glucocorticoid Receptor to Suppress IL-1β-Induced COX-2 Expression in Human Term Myometrial Cells". PLOS ONE 7 (11): e50167. Bibcode:2012PLoSO...750167L. ISSN 1932-6203. PMC 3509141. PMID 23209664. doi:10.1371/journal.pone.0050167. 
  9. "CYP17A1 cytochrome P450 family 17 subfamily A member 1 [Homo sapiens (human) ] - Gene - NCBI". www.ncbi.nlm.nih.gov. Retrieved 2016-09-27.
  10. Reference Values During Pregnancy
  11. "normal ranges for hormone tests in women". Arquivado dende o orixinal o 2020-11-08. Consultado o 2011-08-07. 
  12. Modelo:Phyllis W. Speiser e Perrin C. White. Congenital Adrenal Hyperplasia (21 de agosto de 2003). N Engl J Med 2003; 349:776-788. DOI: 10.1056/NEJMra021561
  13. 13,0 13,1 de Hora MR, Heather NL, Patel T, Bresnahan LG, Webster D, Hofman PL (marzo de 2020). "Measurement of 17-Hydroxyprogesterone by LCMSMS Improves Newborn Screening for CAH Due to 21-Hydroxylase Deficiency in New Zealand". International Journal of Neonatal Screening 6 (1): 6. PMC 7422986. PMID 33073005. doi:10.3390/ijns6010006. 
  14. 14,0 14,1 Bialk ER, Lasarev MR, Held PK (setembro de 2019). "Wisconsin's Screening Algorithm for the Identification of Newborns with Congenital Adrenal Hyperplasia". International Journal of Neonatal Screening 5 (3): 33. PMC 7510207. PMID 33072992. doi:10.3390/ijns5030033. 
  15. Die Gestagene. Springer-Verlag. 27 de novembro de 2013. pp. 276–277. ISBN 978-3-642-99941-3. 
  16. 16,0 16,1 Jeffrey K. Aronson (21 de febreiro de 2009). Meyler's Side Effects of Endocrine and Metabolic Drugs. Elsevier. pp. 289–. ISBN 978-0-08-093292-7. 
  17. 17,0 17,1 Robert Alan Prentky; Ann Wolbert Burgess (31 de xullo de 2000). Forensic Management of Sexual Offenders. Springer Science & Business Media. pp. 219–. ISBN 978-0-306-46278-8. 
  18. 18,0 18,1 H. J. Smith; Hywel Williams (1 de xaneiro de 1983). Introduction to the Principles of Drug Design. Elsevier. pp. 187–. ISBN 978-1-4831-8350-3. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]